-
Laboratorios Ozoaqua será provedor oficial de produtos dermatolóxicos do Compos
- Ozoaqua consolidouse nos últimos anos como un referente en dermatoloxía a nivel nacional e internacional no coidado da pel de toda a familia con aceites ozonizados
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024
Unha empresa de referencia únese ao proxecto da SD Compostela. Laboratorios Ozoaqua, do Grupo Quatrium, é novo patrocinador do club para a Tempada 2024/25.
A firma compostelá, referente en dermatoloxía a nivel nacional e internacional no coidado da pel de toda a familia con aceites ozonizados, apoiará ao Compos nesta campaña, tendo unha importante presenza nos diferentes soportes publicitarios do club, pero tamén sendo o seu provedor oficial de produtos dermatolóxicos, coa súa liña de produtos de aceites ozonizados centrados no coidado de peles sensibles e alteracións ou afeccións cutáneas derivadas da práctica deportiva diaria.
Grazas a este acordo, os nosos xogadores estarán nas mellores mans, contando con produtos altamente innovadores e eficaces para garantir a súa saúde cutánea durante toda a tempada. E é que a pel do deportista sofre máis por estar sometida a agresións externas, máis horas de exposición ao sol e maior deshidratación, por este motivo os aceites ozonizados grazas ás súas principais propiedades como rexenerador, antioxidante, hixienizante, calmante e hidratante son unha excelente elección para o coidado das peles sensibles ou alteradas.
“Para a SD Compostela é un orgullo contar co apoio dunha empresa como Laboratorios Ozoaqua, unha firma compostelá que, desde o seu nacemento, non parou de recibir premios polos beneficios dos seus produtos que se situaron como líderes dermatológicos en aceites ozonizados”, destacou Miguel Fernández, xerente do club.
Ademais, cabe destacar tamén que a compañía se atopa en pleno proceso de expansión internacional, situando ao laboratorio galego por todo o mundo e mellorando a calidade de vida dos seus pacientes.
Presentación de Fer Cano e Carlos Cinta.
No seu novo compromiso coa SD Compostela, as instalacións dos Laboratorios Ozoaqua, en Santiago, acolleron esta mañá a presentación de dúas das novas fichaxes do club para esta campaña: Fer Cano e Carlos Cinta.
No acto, ambos xogadores estiveron acompañados por Fernando Pais, Director Xeral de Grupo Quatrium; e o doutor Juanjo Andrés Lencina, dermatólogo e Director Médico de Laboratorios Ozoaqua; quen lles presentaron os principais produtos da marca, así como os seus beneficios.
Precisamente, o Director Xeneral de Grupo Quatrium, Fernando Pais, destacou que esta colaboración cumpre un dobre obxectivo, apoiar a un club histórico e moi querido polos composteláns, e coidar a saúde cutánea dos seus xogadores. Agradeceu á Directiva que pensase e apostase polos produtos dermatolóxicos de Laboratorios Ozoaqua e desexou unha boa tempada para ambas marcas.