O Compos cae en Riazor contra o Fabril 2-0

14 de Setembro de 2024
Roque conducindo un balón en Riazor contra o Fabril
Rabanillo, un dos xogadores máis destacados do Compos en RIazor coas súas paradas
  • Dous goles na segunda metade deciden o derbi en Riazor contra o Fabril

A Coruña, 14 de setembro de 2024

O Compos non puido sacar nada positivo da súa visita a Riazor. Os nosos caeron por 2-0 contra o Deportivo Fabril, nun duelo que se decidiu no segundo acto, no que chegaron os goles.

Os tantos de Aarón, no 57, e Kevin, no 74, marcaron o devir dun derbi disputado en Riazor, no que o Compos tivo as súas mellores opcións nas botas de Hugo Matos, con senllas ocasións no comezo de cada período. Na primeira, Alberto sacoulle o gol cun paradón e, na segunda, escapóuselle unha volea por escasos centímetros.

Cun punto de nove posibles, os nosos tentarán levantar cabeza o vindeiro domingo, no Vero Boquete, contra o Langreo, nun partido que está programado para as 12.00 horas.

FICHA TÉCNICA

2 – RCD FABRIL: Alberto; Quique Teijo (Pablo García, m. 70), Aarón, Marotías, Íker Vidal; Alfaro, Jaime Garrido, Hugo Villaverde (Kevin Sánchez, m. 57); Guerrero (Mardones, m. 70), Luisao (Noé, m. 80) e Darío Germil (Nsongo Bil, m. 80)

0 – SD COMPOSTELA: J. Rabanillo; Santi de Prado, Roque, Pablo Crespo (Kike, m. 65), David Soto, Ocaña (Manu Rivas, m. 65); Samu, Pablo Antas (Álvaro Casas, m. 65); Fer Cano, Hugo Matos (Giuliano, m. 55) e Landeira (Óscar Gil, m. 65).

GOLES: 1-0: Aarón, min.57; 2-0: Kevin, min74.

ÁRBITRO: Gómez Lameiro (Galicia). Expulsou a David Soto por dobre amarela (m. 26 e m. 78). Ademais, amoestou a Alfaro e Nsongo Bil, polo Fabril; e a Fer Cano, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal de Riazor (A Coruña). Xornada 3 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 1.500 espectadores.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.