Tres puntos de ouro na casa tras superar ao Llanera: 1-0

17 de Novembro de 2024
David Soto celebra o seu gol contra o Llanera, decisivo para acadar os tres puntos, no que era o seu primeiro da tempada para o central do Compos nesta terceira vitoria consecutiva na liga
David Soto, felicitado polos seus compañeiros tralo gol decisivo contra o Llanera
O banco e a bancada saltan de xúbilo co gol de David Soto
Rabanillo, de novo protagonista, volveu deixar a súa portería a cero por quinta xornada consecutiva
  • O Compos sumou os tres puntos coa terceira vitoria na casa e na liga para seguir crecendo na liga

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2024

A SD Compostela volveu sumar os tres puntos na casa. Custou, houbo que esperar ata o final nun duelo pechado, pero a vitoria quedou no Vero Boquete. Un gol de David Soto, nunha xogada a balón parado nos minutos finais, permitiu o ansiado triunfo.

Trala derrota na final da Copa Federación, ao Compos custoulle imprimirlle ritmo ao partido, cun Llanera que defendía ben e que tapaba todos os ocos, pero acabou atopando o ansiado premio para conseguir os tres puntos.

Na primeira metade, tan só se puido destacar un disparo de Manu Rivas, que sacou á perfección o porteiro.

Pola súa banda, na segunda, o Compos deu un paso máis e, aínda que lle custaba xerar, víase que rozaba o gol. Tivéronas Fer Cano, rematando arriba un balón morto; Ocaña, cun golpeo que sacou o porteiro; e Manu Barreiro, non sendo quen de embocar o centro de Diego; pero quen si acabaría marcando sería David Soto.

Nunha falta no pico da área, pegoulle que de xenio Fer Cano, salvouna o porteiro, pero a pelota estrelouse no traveseiro quedando morta na área pequena, unha pelota solta que non cazou Pablo Antas, empurrado por un defensa, pero si Soto, remachando no segundo pau. Un tanto, o primeiro da tempada para o central, que levou o delirio á bancada.

No tramo final, xa con vantaxe, o Compos soubo administrar á perfección os tres puntos, sen recibir perigo e probándoo de novo cun disparo de Manu Barreiro que saíu lambendo o pau.

Non houbo máis movementos e o 1-0 permitiu o triunfo do Compos. Con 13 puntos de 15 posibles e cinco porterías a cero consecutivas, a SD Compostela crece nesta liga, o que lle permite visualizar a clasificación doutra maneira.

Agora, cunha semana de traballo normal, os nosos buscarán continuar coa súa boa dinámica contra o Salamanca, no Helmántico.

FICHA TÉCNICA

1 – SD Compostela: Rabanillo; Santi de Prado, Roque (David Soto, min.75), Pablo Crespo, Ocaña, Manu Rivas; Selasi (Pablo Antas, min.46), Álvaro Casas (Diego, min.75); Fer Cano (Samu, min.86), Landeira (Carlos Cinta, min.56) e Manu Barreiro.

0 – UD Llanera: G. Ardura; Leyder (Isma Fagir, min.85), Paul Otia, Álvaro, Matheus; Meaurio (Mathieu, min.54), Álex (Cristian, m.65), Mateo, Vity; René; e Steven.

Goles: 1-0: David Soto, min.83.

Árbitro: Carralero Calvo (Madrid). Amoestou a Selasi, Santi de Prado e Fer Cano, polo Compos; e a Paul Otia, Álvaro e Mathieu, polo Llanera.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 12 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.239 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.