Cuarta vitoria seguida na casa para o Compos: 2-1 ante o Laredo

30 de Novembro de 2024
Carlos Cinta celebrando o seu gol contra o Laredo, o seu primeiro tanto na Liga
Celebración do Compos trala vitoria contra o Laredo
Manu Rivas celebra o seu gol decisivo no Vero Boquete, o terceiro que marca esta tempada
Resultado final no Vero Boquete, 2-1 contra o Laredo
  • Os goles de Carlos Cinta e Manu Rivas ante o Laredo puxeron a guinda a un novo triunfo branquiazul no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2024

Obxectivo cumprido: cuarta vitoria seguida na casa para un Compos que segue crecendo nesta competición. Son xa sete xornadas sen perder, nas que os nosos sumaron cinco triunfos, o último, este sábado, 2-1, contra o Laredo. Tres puntos importantísimos que fixeron bo o empate da semana pasada no Helmántico.

O partido no Vero Boquete contra o Laredo empezou da mellor maneira para o Compos. Aos catro minutos, primeiro gol. Apertura para a subida de Soto, centro deste á área pequena e Carlos Cinta embocouna á rede co corpo. Primeiro tanto do dianteiro na Liga e terceiro no que vai de tempada para alegría da parroquia compostelanista.

Con todo, a pesar do gol, o Laredo soubo reaccionar e conseguiría empatar antes da media hora, nunha gran acción de Diego Marta, que combinou con Isuardi para plantarse ante Rabanillo e conseguir o tanto.

Co 1-1, o Compos volveu á carga e tería as súas opcións antes do descanso nas botas de Manu Barreiro e, sobre todo, Manu Rivas, pero este último atopouse cunha moi boa parada abaixo do porteiro.

Á volta do intermedio, os nosos seguiron cunha marcha máis. O Laredo non saía do seu campo e o tanto estaba ao caer, como así foi. De novo Manu Rivas, avanzou polo seu carril, chegou á frontal e, esta vez si, axustouna perfecta para que Puras non chegase. Golazo do lateral, terceiro xa para el no que vai de Liga, e delirio na bancada.

Con vantaxe de novo, o Compos seguiu insistindo sobre o arco rival e rozaría o terceiro, aínda que sen atopar o premio desexado. Iso deu ás ao Laredo, que o buscou á heroica no tramo final.

O Compos defendeuse ben, protexeu a vantaxe e selou un merecido triunfo na casa. Cuarta vitoria seguida no Vero Boquete para sumar xa 21 puntos e continuar coa boa dinámica. Agora, tocará visita á Ximnástica de Torrelavega, o vindeiro domingo, ás 12.00 horas.

FICHA TÉCNICA

2 – SD Compostela: Rabanillo; David Soto, Álvaro Casas (Santi de Prado, min.62), Pablo Crespo (Hugo Matos, min.84), Ocaña, Manu Rivas (Samu, min.75); Selasi (Diego, min.62), Pablo Antas; Fer Cano, Carlos Cinta (Landeira, min.84) e Manu Barreiro.

1 – CD Laredo: David Puras; Soler, Maza, Ojeda, Antonio Poo; Arriola (Héctor Tirado, min.46), Miguel Peña; Diego Marta (Sanmi, min.66), Andrés Carral (Iker Torre, min.77), Vassilakis (Iván Argos, min.77); e Isuardi (Óliver, min.77).

Goles: 1-0: Carlos Cinta, min.4; 1-1: Diego Marta, min.27; 2-1: Manu Rivas, min.57.

Árbitro: Vila Martín (Asturias). Amoestou a Diego, polo Compos; e a Vassilakis, polo Laredo.

Incidencias: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 14 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.343 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Alondras C.F. ⚽️ Previa do noso técnico antes do regreso dos nosos ao Vero Boquete, este sábado ás 18:00 horas, co obxectivo de regresar á senda da vitoria#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.