Markitos, primeiro reforzo invernal da SD Compostela

21 de Xaneiro de 2025
  • O mediapunta Markitos chega cedido polo Arenteiro ata final de tempada

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

Marcos Alonso Rodríguez (O Porriño, 29/06/1999), Markitos, é o primeiro reforzo invernal da SD Compostela para a Tempada 2024/25. O mediapunta galego chega cedido ata final de tempada polo Arenteiro, de Primeira RFEF.

Markitos é un extremo habilidoso, con moito desborde, capacidade para romper liñas e tamén con gol, virtudes todas elas que leva demostrando no Arenteiro nas últimas cinco campañas.

Markitos chega a Santiago tras unha primeira volta no Carballiño na que disputou 17 encontros, para un total de 315 minutos de xogo. Estes números en Primeira RFEF súmanse aos 20 partidos que xogou a pasada campaña, nos que repartiu 3 asistencias.

Ademais desta tempada e media na Primeira Federación, acumula unha gran experiencia nas filas do Arenteiro, xa que foi peza chave para os dous ascensos de categoría do equipo verde, de Terceira División a Segunda RFEF e de Segunda a Primeira RFEF. Nesas tres campañas disputou 83 partidos de liga, nos que anotou 10 goles.

Do mesmo xeito, nestes cinco anos no Arenteiro tamén disputou 4 partidos de Copa Federación e outros catro de Copa do Rei, marcando 5 tantos.

Cabe destacar tamén que Markitos, canteirán do RC Celta de Vigo, estivo enrolado nas filas da UD Ourense durante dúas tempadas, ambas en Terceira División, nas que xogou 49 partidos e asinou 14 goles.

Co obxectivo de achegar toda a súa calidade e traballo ao ataque do Compos, mañá mesmo incorporarase aos adestramentos do club e xa estará ao dispor de Antón Permuy este mesmo domingo para o derbi contra o Deportivo Fabril.

Benvido, Markitos!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.