Suso Mella, novo adestrador do Xuvenil A do Compos

7 de Marzo de 2025
Suso Mella, adestrador do Xuvenil A da SD Compostela.
Suso Mella, adestrador do Xuvenil A do Compos, con Manuel Antelo, delegado.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025

Jesús Mella Paderne, “Suso Mella”, é o novo adestrador do Xuvenil A da S.D. Compostela para o que resta de tempada. O técnico santiagués, que xa debutou o pasado domingo en Santa Isabel, será agora o máximo responsable do conxunto da División da Honra.

O proxecto do Xuvenil A estará liderado por un adestrador con experiencia no primeiro nivel do fútbol base, onde xa dirixiu a outro equipo da Canteira Picheleira, o C.D. Conxo Santiago. Jesús conta tamén con experiencia en bancos da Preferente Norte, categoría na que estivo á fronte do Puebla F.C.

O Xuvenil A da S.D. Compostela está inmerso na loita pola salvación para continuar un ano máis na categoría máis laureada do fútbol xuvenil nacional.

Benvido e moita sorte, Jesús!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🙌🫂 Mañá, todos ao Vero Boquete de San Lázaro!💪 Podemos conseguir o triunfo no derbi entre todos🏟️ Queremos seguir de doce e sumar un +3⃣ na nosa casa! 📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏅🚴‍♀️ Orgullo de Compostela!Alejandra Neira, campioa do Mundo en Ruta e de Europa en CRI en categoría Junior, será homenaxeada este domingo no Vero Boquete⚽️ A ciclista compostelá fará o saque de honra no derbi contra o Ourense CF #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos buscará dar un golpe de autoridade na casa e confirmar así a súa boa dinámica 🗓️ Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao Ourense FC co obxectivo de prolongar o gran momento do equipo, con 13 puntos obtidos dos últimos 15 posiblesPor primeira vez no que vai de tempada, Carlos de Lerma terá á súa disposición aos 24 membros do plantel📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 11🩵🤍 O técnico do Compos destacou que ten a todo o plantel, que seguen co debe de darlle á afección unha alegría na casa e analizou as claves para poder conseguir o triunfo no derbi#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.