O Compos consegue a vitoria na súa primeira final

6 de Abril de 2025
Markitos celebra o seu gol que permitiu a vitoria para o Compos.
David Soto pelexa o balón con Emaná.
  • Un gol de Markitos permite ao Compos seguir vivo en Liga

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2025

A vitoria que tanto se buscou durante semanas chegou para o Compos no debut de Secho no Vero Boquete. 1-0 contra o Salamanca grazas ao gol de Markitos, na primeira metade, que permite ao Compos seguir vivos. Tres puntos vitais que non se poden entender sen o apoio da afección durante todo o duelo.

A vitoria fraguouse nunha boa primeira metade, na que os nosos levaron o peso do partido e acabaron conseguindo ese gol necesario. No 20, un centro perfecto de Roque chegou á cabeza de Markitos no segundo pau para que o atacante volvese marcar e levase a primeira alegría da tarde á bancada. A primeira metade acabou con esa vantaxe mínima ao non poder aproveitar Markitos outra que tivo.

Na segunda, o Salamanca deu un pase adiante e aos nosos custoulles máis, pero o equipo deixouno todo no campo, axudados tamén por unha bancada entregada. Pasaron os minutos e os nosos resistiron, incluso tendo algunha opción nas botas de Hugo Matos. Así, chegouse ao final coa vital vitoria do Compos.

Cos tres puntos, o vindeiro sábado unha nova final, esta vez como visitantes, ante o Laredo. Será ás 18.00 horas no Estadio San Lorenzo.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: J. Rabanillo; Roque, David Soto, Álvaro Casas (Fausto Tienza, min.72), Pablo Crespo, Ocaña; Samu (Manu Rivas, min.65), Pablo Antas; Fer Cano (Trasi, min.82), Markitos (Carlos Pérez, min.46), e Manu Barreiro (Hugo Matos, min.65).

0 – SALAMANCA CF UDS: Erik Ruiz; Yago, Rubén Cantero, I. Casado, Souley (Murua, min.46); Cristeto (Diego Benito, min.75), De Tomás (Martín Galvan, min.46); Caramelo (Loren, min.65), Curro, Ares (Juancho, min.46); e Emaná.

GOLES: 1-0: Markitos, min.20.

ÁRBITRO: Carbajales Gómez (Asturias). Amoestou a Fer Cano, Álvaro Casas, Hugo Matos e Pablo Crespo, polo Compos; e a Souley, De Tomás e Jon Villanueva (banco), polo Salamanca.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 30 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 1.360 espectadores.

 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.