Segundo triunfo vital e seguido para o Compos

12 de Abril de 2025
Markitos, de novo decisivo, estreou a conta goleadora do Compos un partido máis.
Rabanillo facendo unha gran parada ante un tiro de Diego Marta.
Pablo Antas asinou o seu primeiro tanto na liga.
O xuvenil Iker Gil debutou como titular coa camiseta do primeiro equipo.
Celebración de Santi de Prado tralo seu gol no Estadio San Lorenzo.
Celebración do Compos trala vitoria en Laredo.
  • O Compos superou nun duelo vital ao Laredo, 0-3, disputando un gran partido

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2025

O Compos conseguiu a segunda vitoria consecutiva en Liga no Estadio San Lorenzo. Novo triunfo vital e lográndoo como visitantes. Os nosos dominaron os tempos do partido no campo do Laredo e mereceron os tres puntos. 0-3 final para seguir vivos na loita pola salvación.

Mantendo o esquema da pasada semana, aínda que con dúas novidades no once, Fausto Tienza e o xuvenil Iker Gil, Secho buscaba repetir éxito, esta vez como visitantes. Os nosos buscaban ser sólidos atrás e saír rápido en busca do gol, estratexia que saíu á perfección aos poucos minutos de arrincar.

Na primeira ocasión clara, no minuto 22, tras un roubo alto, o Compos adiantouse grazas a un novo tanto de Markitos. O atacante branquiazul, que xa leva 4 goles, pegouna coa zurda á cepa do poste, imposible para o porteiro, 0-1.

Tralo tanto, seguiu insistindo o Compos, e Markitos volveu rozar a diana. Situación similar na frontal, pero esta vez orientouna para a dereita e a pelota estrelouse no traveseiro e botou na liña.

Por tanto, con esa vantaxe mínima chegouse ao descanso, grazas tamén á boa intervención de Rabanillo, nos minutos finais, a un tiro de Diego Marta desde a frontal.

Despois do paso polos vestiarios, o Compos volveu saltar cunha marcha máis e, tras varios centros á área, atopou o premio que buscaba. Pablo Antas apareceu no segundo pau para, cunha cacholada inapelable, por o 0-2, no que era o seu primeiro gol da tempada na liga.

Coa vantaxe dobrada, os nosos baixaron o ritmo, durmindo o encontro para achegar a vitoria. Foi o momento dos cambios, pero tamén habería un novo tanto, outro dos nosos. Santi de Prado marcou cun bo disparo desde a frontal para pór a sentenza, selando o seu cuarto gol en liga.

Cos tres puntos no bote, e máis preto do obxectivo da salvación, toca cargar pilas para un novo duelo vital, o vindeiro domingo, contra a Gimnástica de Torrelavega. Será ás 17.00 horas no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

0 – CD Laredo: David Puras; Antonio Poo (David Sanz, min.81), Iker Torre, Dani Ojeda (Arriola, min.88), Casta; Diego Marta, Andrés Carral, Sanmi, Oliver (Héctor Tirado, min.59); Vassilakis (Isuardi, min.59) e Arru.

3 – SD Compostela: Rabanillo; Roque (Carlos Pérez, min90+2), David Soto, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Ocaña; Fausto Tienza, Pablo Antas (Samu, min.65); Iker Gil (Santi de Prado, min.65), Markitos (Manu Rivas, min.70) e Manu Barreiro (Hugo Matos, min.90+2).

Goles: 0-1: Markitos, min.22; 0-2: Pablo Antas, min.50; 0-3: Santi de Prado, min.90+1.

Árbitro: Muñoz Moreno (Madrid). Amoestou a Dani Ojeda, Isuardi e Casta, polo Laredo; e a Pablo Antas, polo Compos.

Incidencias: Estadio San Lorenzo (Laredo). Xornada 31 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante medio milleiro de espectadores. Medio centenar de afeccionados do Compos estiveron en Laredo, entre eles, o equipo Xuvenil A, que mañá xogará en Torrelavega.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 week ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 1️⃣-1️⃣ Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas #ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.