O Xuvenil A, un ano máis de División de Honra

6 de Maio de 2025
Celebración da salvación na División de Honra do Xuvenil A da SD Compostela.
  • O Xuvenil A do Compos competirá por quinta tempada seguida na máxima categoría nacional

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025

O Xuvenil A da SD Compostela mantense firme na División de Honra e certificou, por quinto ano consecutivo, a súa praza na maior categoría do fútbol xuvenil nacional. Este fito é moito máis que unha simple estatística, posto que o club non pisaba esta categoría dende a tempada 2003-04 e subliña a consistencia e a forma de traballo da Canteira Picheleira, á vez que consolida ao club entre os máis destacados do fútbol base a nivel nacional.

Cada unha destas cinco campañas foi un chanzo firme na consolidación do equipo nunha liga onde só compiten os mellores. O esforzo dos xogadores, técnicos e dirección de canteira foron os piares fundamentais para alcanzar este obxectivo ano tras ano.

Como broche de ouro a este período de crecemento constante, a tempada pasada quedará gravada na memoria de todos coa histórica clasificación do Xuvenil A para a Copa do Rei. Este logro non só enalteceu o nome do club, senón que tamén demostrou a capacidade do equipo para competir ao máis alto nivel xuvenil do país.

Manterse nesta categoría durante un lustro consecutivo é un testemuño do arduo traballo, disciplina e criterio futbolístico que se pretende transmitir na Canteira para que, deste xeito, o club poida continuar medrando.

No que respecta a esta Tempada 2024-25, o Xuvenil A do Compos, a pesar dunha brillante primeira volta na que acadou o 6º posto, tivo unha segunda fase da liga con desafíos inesperados. Con todo, o espírito competitivo deste equipo saíu a relucir no momento decisivo. Cunha demostración de carácter e fútbol de alto nivel, pechou a tempada cunha xeira impresionante de 5 vitorias consecutivas para escalar á 7ª praza final, con 37 puntos, asegurando a permanencia na División de Honra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A dalo todo ata o final!🆚 Club Deportivo Estradense 🕛 12:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Empurremos todos xuntos para acadar esta vitoria e manter as posibilidades #composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🤝 Feiraco 🩵🤍🥛 Polo patrocinio do partido, Feiraco agasallará mañá aos nenos e nenas cun minibrick de leite enteiro ou de batido de cacao 👉 Achégate ao posto que teremos na Tribuna e pide o agasallo para o teu cativo!🫂 Moitas grazas polo apoio!#composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Club Deportivo Estradense🩵🤍 Os nosos para o importante partido de mañá ás 12:00 horas na nosa casa✅ Entran Lucas e Iván, da Canteira Picheleira👉 Quedan fóra Zuba e Riki Mangana, por lesión, e Antón Guisande, por sanción#composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do encontro de mañá ás 12:00 horas na nosa casa#composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🏅 Queremos felicitar ao noso mítico utillero, Chuco Barreiro e a súa muller Maruxa Barral; así como ao noso exxogador Modesto López, polas súas distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 👉 Ademais, entre os premiados pola Xunta de Galicia, tamén estivo o exárbitro e exmembro do club, Juan Carlos CorredoiraMoitos parabéns!! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.