Secho, un ano máis á fronte da SD Compostela

27 de Maio de 2025
Secho renova coa SD Compostela por unha tempada.
  • Secho renova co Compos e será tamén o novo responsable da configuración do primeiro equipo

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

Un capitán para o noso barco. Jose Manuel Martínez ‘Secho’ seguirá á fronte da SD Compostela na Tempada 2025/26. O técnico de Porto do Son renova por unha tempada, con opción a outra máis, co reto de devolver ao Compos á Segunda RFEF.

Ademais de dirixir ao equipo dende o banco, Secho será tamén o responsable da configuración do plantel do primeiro equipo, encabezando a secretaría técnica do Compos.

Cabe lembrar que Secho é un técnico con experiencia no fútbol galego, tanto nas categorías de formación como no fútbol sénior. O seu último logro, antes de asinar polo Compos, foi conseguir o ascenso a Segunda RFEF co Bergantiños, despois dunha brillante tempada na que conseguiron o campionato e, por conseguinte, o ascenso directo. Un fito que tentará repetir en Compostela.

Ademais, no seu periplo polos bancos, tamén foi segundo adestrador do Deportivo, acompañando a etapa de Rubén de la Barrera no cadro herculino; técnico asistente do Lugo, na Segunda División; e adestrador do Noia. Nas categorías inferiores, destaca o seu cargo como seleccionador galego sub-18 e a súa experiencia de moitos anos na base do Deportivo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

60 minutes ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.