Pablo Crespo, un líder para a defensa do Compos

6 de Xuño de 2025
Pablo Crespo renova co Compos por un ano máis.
  • Pablo Crespo reforza o seu compromiso co club, renovando por unha tempada máis, con opción a outra

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2025 

Un líder, dentro e fóra do campo, para a SD Compostela. Pablo Crespo seguirá un ano máis vestindo a camiseta do Compos, sendo unha peza capital da defensa branquiazul.

O central cántabro reforza o seu compromiso co club co obxectivo de lograr o ascenso a Segunda RFEF. Renova por unha tempada máis, con opción a outra en caso de ascenso.

Deste xeito, a SD Compostela 25-26, dirixida por Secho, contará coa experiencia, solidez e calidades defensivas dun gran central, como veu demostrando en toda a súa etapa na capital galega.

Será a cuarta tempada de Pablo Crespo no Compos, onde suma xa 60 encontros, cifras que seguirá aumentando. A pasada campaña disputou 28 partidos, 25 de titular, anotando ademais un gol.

Deste xeito, a SD Compostela asegúrase a continuidade dunha peza fundamental na defensa durante os últimos anos. Un xogador capital, con ampla experiencia en categorías superiores, para poder lograr o desexado ascenso.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.