Diego Uzal, primeiro reforzo da SD Compostela 2025/26

17 de Xuño de 2025
Diego Uzal, primeiro reforzo da SD Compostela para a Tempada 2025/26.
  • Diego Uzal chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

A SD Compostela 2025/26 xa ten á súa primeira cara nova: Diego García Uzal (A Coruña, 10/02/1992). O mediocentro coruñés, con ampla experiencia no fútbol galego, é o primeiro reforzo do Compos para a próxima campaña. Firma por unha tempada.

Diego Uzal é un xogador moi experimentado, cunha gran capacidade para abarcar todo o campo, un poderío destacado nos duelos e tamén para liderar ao equipo co balón. Un mediocentro que demostrou o seu nivel durante as últimas campañas, nas que foi peza capital na Segunda RFEF.

Chega desde o Bergantiños, onde o pasado ano xogou practicamente todo. Disputou 33 partidos de liga, só se perdeu un por sanción, e a eliminatoria da Copa do Rei. De todos eles, en tan só un, o último da competición ligueira, saíu do banco, sumando 2.750 minutos de xogo disputados.

Esta foi a súa segunda e última experiencia en Carballo, xa que anteriormente disputara outras tres campañas, unha en Terceira, logrando o ascenso, e dúas en Segunda, para un total, entre ambas etapas, de 127 partidos, 111 deles como titular. Entremedias, xogou un ano en Vilalba, tamén en Segunda RFEF, con outros 36 encontros ás súas costas.

A estas últimas experiencias hai que sumar unha amplísima experiencia na Terceira División, categoría na que destacou tempada tras tempada desde mozo, pasando polas filas do Silva, Cerceda e Somozas. En todas elas, un denominador común, a súa presenza destacada na medular dos equipos.

Con todo esa bagaxe ás súas costas, Diego Uzal chega a Compostela co obxectivo de acadar o ascenso.

Benvido, Diego!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-0️⃣ Sestao River Club⚽️ Unai Peón | Antón GuisandeA PRIMEIRA, NA CASA 🩵🤍TRES PUNTOS DE OURO QUE SABEN MOI BEN 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO DENDE A BANCADA 👥🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Sestao River Club 📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.