Quico, un muro para a defensa do Compos

26 de Xuño de 2025
Quico, novo xogador da SD Compostela.
  • Quico chega de Segunda RFEF e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025

A SD Compostela 2025/26 refórzase cun muro para a súa defensa: Francisco González Rochela (Vilalba, 29/05/1992), ‘Quico’. O central lucense, que chega tras dúas tempadas na Segunda RFEF, conta cunha longa traxectoria no fútbol nacional e galego. Firma por unha campaña.

O Compos refórzase cun defensor de gran envergadura co seu máis de metro noventa. Un líder da zaga, con grandes calidades defensivas e que destaca por ser un gañador de duelos en ambas áreas. A todo iso, aos seus 33 anos, suma a súa gran carreira deportiva.

Quico chega ao Compos tras unha última campaña no Penya Deportiva de Ibiza, de Segunda Federación, no que disputou 21 encontros para máis de 1.500 minutos de xogo. Ademais, anotou un gol e repartiu unha asistencia.

Deste xeito, regresa a Galicia, onde conta cun longo historial futbolístico, que comezou no Somozas, tras saír da canteira do Racing de Ferrol, para pasar posteriormente por Vilalbés, Rápido de Bouzas, na Segunda B, de novo Somozas e por último Vilalbés. Precisamente, na súa terra natal, xogou fai dúas campañas na Segunda RFEF, sendo peza capital do equipo chairego con 34 partidos, todos como titular, e 2 goles anotados.

Ademais da súa traxectoria en terras galegas, Quico tamén xogou no Mar Menor, no Real Murcia Imperial, no Badaxoz, no Formentera, dúas tempadas con ascenso incluído á Segunda B; no Don Benito, tamén de Segunda B, e no Guadalaxara, así como a citada última campaña no Penya Deportiva, de Segunda RFEF.

Por tanto, o novo futbolista branquiazul, quinta fichaxe ata a data, tamén achegará moita experiencia ao equipo dirixido por Secho. E farao co obxectivo de conseguir o ascenso co Compos.

Benvido, Quico!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.