Pablo Porrúa, talento e desborde para o ataque do Compos

3 de Xullo de 2025
250627_FichaxePabloPorrua4x3
  • Pablo Porrúa, unha das grandes revelacións da categoría, firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025

Talento e desequilibrio para o ataque da SD Compostela: Pablo Porrúa Magariños (16/10/1999) é novo xogador do Compos. O atacante de Bertamiráns, unha das grandes revelacións da categoría, chega ao Vero Boquete para facer diabluras coa súa zurda. Firma por unha tempada.

O novo futbolista branquiazul destaca pola súa calidade, o seu desborde e o seu bo golpeo de balón. Un xogador diferencial na categoría, cunha das mellores zurdas de toda a liga, que vén de render a un extraordinario nivel nas filas do Estradense.

No conxunto da Estrada, a pasada campaña, foi unha das pezas máis importantes do equipo nun ano histórico para o club, no que terminaron a liga segundos e quedaron a un paso do ascenso. Disputou 37 partidos, todos como titular, nos que marcou 7 goles.

Precisamente, no Estradense, Porrúa desenvolveu a parte principal da súa carreira deportiva, cun total de cinco tempadas, todas elas en Terceira División, divididas en dúas etapas. En total, sumou 137 encontros, e 13 goles, disputados coa camiseta rojilla.

Ademais, o novo futbolista do Compos tamén pasou polo filial do Club Deportivo Lugo, no seu primeiro ano como senior, así como polo Arousa, co que disputou 26 partidos en Segunda RFEF. Anteriormente, tamén debutara en Terceira, sendo cadete, co Bertamiráns, marcando un gol.

Co obxectivo de lograr o ascenso a Segunda RFEF, Porrúa chega ao Compos con moita ilusión e con moitas gañas de continuar demostrando o seu gran nivel.

Bienvenido, Porrúa!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.