Mateo Arellano, experiencia e poderío para a medular do Compos

14 de Xullo de 2025
Mateo Arellano, novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2025/26.
  • O mediocentro Mateo Arellano vén de demostrar o seu mellor nivel na Segunda RFEF

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

A SD Compostela segue reforzando a súa medular para a Tempada 2025/26: Mateo Arellano Jiménez (Avilés, 19/01/1998) é novo xogador branquiazul. O mediocentro avilesino chega desde a Segunda RFEF, tras unha gran campaña na UD Llanera, e firma por unha tempada.

Mateo Arellano achegará ao centro do campo compostelanista despregamento físico, equilibrio e experiencia. Un pivote, que destaca tamén polo seu golpeo de longa distancia, e que vén de realizar un gran ano no cadro asturiano.

Neste sentido, a pasada campaña, Mateo Arellano foi un fixo no once do Llanera, disputando 34 partidos, todos como titular, para 3.000 minutos de xogo. Ademais, marcou 5 goles.

Deste xeito, a nova fichaxe compostelanista recuperou o seu mellor nivel, despois de dous anos marcados por sendas lesións de gravidade. Un calvario físico do que puido recuperarse para volver demostrar as súas grandes calidades.

E é que Mateo Arellano é un futbolista que destacou desde moi novo, un rendemento que o levou á canteira do Sporting de Xixón e a ser internacional sub-18 e sub-19 con España. En Mareo estivo un total de catro tempadas, en todas elas con gran presencia no filial, no que xa xogaba sendo xuvenil. Ademais, tamén debutou co primeiro equipo en 2021, disputando un partido de Copa do Rei.

Trala súa saída de Xixón, ficharía no Numancia, co que conseguiría o ascenso a Primeira Federación, sendo un pilar fundamental do equipo. Así mesmo, cabe citar tamén o seu dobre paso polo Langreo, na Segunda B.

Con gañas de seguir demostrando o gran nivel que atesoura, Mateo Arellano chega ao Compos co obxectivo de lograr un novo ascenso na súa carreira.

Benvido, Mateo Arellano!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.