Trasi, un ano máis de branquiazul

20 de Xullo de 2025
Trasi, un ano máis de branquiazul. O mediocentro renova co Compos ata 2026.
  • Trasi, tralo seu primeiro ano no primeiro equipo, renova o seu contrato ata 2026

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2025

Un pulmón para o centro do campo da SD Compostela 25/26: Xoel Trasancos Atadell “Trasi” (Viveiro, 29/09/2003) seguirá un ano máis de branquiazul. O mediocentro de Viveiro, que se estreou a pasada campaña como xogador do primeiro equipo do Compos e que ocupa ficha sub23, renova o seu contrato por un ano máis, ata 2026.

Coa renovación de Trasi, Secho asegúrase a continuidade dun perfil físico para a medular. Un futbolista intelixente tacticamente, que abarca moito campo e que destaca por ser un gañador de duelos. Ademais, aos seus 21 anos, tamén conta con capacidade para mover ao equipo a través da posesión.

Será así a segunda tempada ao completo de Trasi co primeiro equipo, despois da súa estrea o pasado curso, aínda que xa debutara cando estaba no filial, disputando minutos en dous encontros da tempada 23/24. No que respecta ao pasado ano, xogou un total de 16 partidos, doce de Liga e catro de Copa Federación.

Formado nas categorías inferiores do Lugo e do Viveiro, Trasi chegou a Santiago no seu último ano de xuvenil, enrolándose no Conxo de Liga Nacional. Tras unha brillante campaña, asinou no Sigüeiro, filial compostelanista. En Preferente estivo dúas campañas, alternando adestramentos co primeiro equipo, sendo unha peza fundamental do equipo con máis de 5.100 minutos disputados, repartidos en 65 partidos. Ademais, neles marcou 2 goles.

Con moita ambición e moitas gañas de seguir demostrando o seu nivel, Trasi quere conseguir o ascenso a Segunda RFEF co Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.