Jorge Maceira, un dianteiro de área para o Compos

21 de Xullo de 2025
Jorge Maceira, novo dianteiro da SD Compostela.
  • Jorge Maceira vén de marcar 14 goles co Polvorín e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

Un reforzo de área para a dianteira branquiazul: Jorge Maceira González (Vigo, 27/02/2001) é novo dianteiro da SD Compostela 2025/26. O ariete vén de realizar unha gran campaña no Polvorín, de Terceira Federación, marcando 14 goles. Firma por unha tempada.

Jorge Maceira é un dianteiro cun moi bo xogo de costas, un ‘9’ de área que conta tamén cun gran remate de cabeza. Ademais, a iso suma unha gran lectura para aproveitar os espazos e aparecer entre liñas.

O dianteiro chega ao Compos tras pechar unha etapa de dúas campañas no filial do CD Lugo, ambas en Terceira Federación. Dúas tempadas nas que disputou 62 partidos, 46 como titular, marcando 22 goles. Especialmente destacada foi esta última, na que anotou 14 tantos, sendo un dos máximos goleadores da categoría.

Ademais, no seu periplo en Lugo, tamén chegou a debutar co primeiro equipo en partidos amigables, marcando mesmo un gol.

O novo ariete do Compos formouse en equipos punteiros de base da zona de Vigo como o Areosa, Val Miñor, Coruxo ou Rápido de Bouzas. Precisamente, en Bouzas daría o salto ao fútbol sénior, aínda sendo xuvenil.

Trala súa primeira campaña, ficharía no Choco, para regresar ao ano seguinte ao Rápido de Bouzas, tres cursos que o curtiron na Terceira Federación e que lle serviron para asinar no filial do Lugo.

Agora, aos seus 24 anos e cunha experiencia de cinco tempadas en Terceira, chega ao Compos co obxectivo de demostrar o seu gran nivel, achegando goles e traballo para poder acadar o ascenso.

Benvido, Jorge!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.