Scientiffic Nutrition, novo provedor oficial do Compos

10 de Setembro de 2025
Scientiffic Nutrition, novo provedor oficial do Compos.
  • Scientiffic Nutrition, a marca española líder en suplementación deportiva acompañará ao Compos nesta tempada

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2025

Scientiffic Nutrition, novo provedor oficial do Compos para a Tempada 2025/26. A marca española líder en suplementación deportiva e a SD Compostela unen forzas, cun novo acordo de colaboración, para esta etapa na 3ª RFEF.

Grazas a esta alianza, os xogadores do Compos dispoñerán de suplementación deportiva de máxima calidade, deseñada para optimizar o rendemento, a resistencia e a recuperación, aspectos fundamentais para afrontar unha tempada esixente na 3ª RFEF.

Un respaldo dunha empresa 100% española que formula e produce en España, e que xa colabora con institucións deportivas de máximo nivel. Neste sentido, actualmente é suplemento oficial da Selección Española de Fútbol, ademais de equipos como o Real Betis Balompé, o RC Celta de Vigo ou o RCD Espanyol.

“O Compos é un club histórico do fútbol español, que deixou pegada na elite e que agora busca recuperar o lugar que merece. Estamos encantados de acompañalos neste novo camiño e de achegar as nosas solucións para axudar ao equipo a competir nas mellores condicións”, afirma Eduardo Varela, director de Marketing de Scientiffic Nutrition.

Este acordo une a tradición e a historia da SD Compostela coa innovación e calidade de Scientiffic Nutrition, consolidando un compromiso común coa excelencia deportiva.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 SODES A NOSA FORZA!!!🏟 Esgotadas as entradas de Tribuna!!!🎫 A partir de agora, só á venta Preferencia!!!📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Xeral 15€ | Menores de Idade 2€💪 TODOS XUNTOS, A COMEZAR A FINALÍSIMA DA MELLOR MANEIRA#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de adestramentos completada e estamos preparados para a gran cita de mañá🏟 Todo listo para comezar a final na nosa casa da mellor maneira💪🫂 Co voso apoio desde a bancada, imos a polo mellor resultado posible📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
📢📸️SORTEO RETRO👉 Co lanzamento da reedición oficial da nosa camiseta emblemática con Zico, sorteamos 1⃣ entre os que mañá veñades ao campo cunha camiseta antiga do Compos 🩵🤍𝐏𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫:✅ Trae ao campo a túa camiseta retro do Compos✅ Saca unha foto con ela na bancada e súbea á túa historia de Instagram✅ Menciona a @sdcompostela_oficial 👉 Sortearemos a camiseta entre todos os que subades foto cunha camiseta retro do Compos🗓️ Anunciaremos ao/á gañador/a nas nosas Stories o martes, 16 de xuño* Se tes o perfil privado, envía unha captura a nosa conta co Stories publicado#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 CF Badalona 🩵🤍 Os nosos para o partidazo de mañá na ida da finalísima do play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso técnico analizou a previa do encontro de ida da finalísima do play off, que se xogará mañá na nosa casa👉 Coa forza de todos, buscaremos o mellor resultado posible para a rolda definitiva#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.