-
O Compos gañou 2-0 na casa contra o Barco, no debut na Liga
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2025
O Compos empezou a liga cunha vitoria na casa. Tres puntos moi necesarios para arrincar, tras superar ao Barco por 2-0. Dous goles no inicio do duelo decidiron a contenda.
Nada máis arrincar, no minuto 3, Valín, entrando desde atrás, meteu o primeiro da tarde, batendo ao porteiro no man a man. E dez máis tarde, nunha gran acción individual, Antón Guisande dobraba a vantaxe, tras regatear na área e disparar cruzado á rede.
Con 2-0, houbo ocasións para ampliar a vantaxe, sobre todo no primeiro tempo, pero o resultado non mudou.
Por tanto, obxectivo cumprido para este inicio de tempada, coa primeira vitoria da liga na casa.
FICHA TÉCNICA
2 – SD COMPOSTELA: A. Cobo; Valín, Quico, Mateo, Damián N.; Samu (Goris, min.66), Diego Uzal; Armental (Porrúa, min.87), A. Guisande (Parapar, min.75), J. Cañizares (Diego Rguez., min.46); e Carlos López (J. Maceira, min.66).
0 – CD BARCO: I. Elías; Raúl Paz, A. Calvo (Konate, min.85), Brian, Alex Vázquez; Noel (Brian Castro, min.66), Juanma Justo (Carlos Cruz, min.84); Arias, Miguel Freiría, Óscar Martín (Schneider, min.66); e Diego Santín (Sibide, min.57).
GOLES: 1-0: Valín, min.3; 2-0: Antón Guisande , min.12.
ÁRBITRO: Pablo García (Pontevedra). Amoestou a Antón Guisande e Valín, polo Compos; e a Óscar Martín, A. Calvo, Brian Castro, Juanma Justo e Konate, polo Barco.
INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 1 do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 970 espectadores.







