Zuba apontoa a zaga do Compos

11 de Setembro de 2025
Zuba, novo fichaxe da SD Compostela. Benvido.
  • O central croata Zuba, que estivo a proba esta pretempada, formará parte do plantel nesta tempada 25/26

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

Tras superar o período de proba satisfactoriamente, Stipe Zubanovic “Zuba” (Split, 05/04/2004) é novo xogador da SD Compostela para esta Tempada 2025/26. O central croata apontoa a defensa do Compos, asinando ata final de campaña.

Aos seus 21 anos, e como se puido comprobar nos partidos amigables nos que participou, Zuba é un central mozo de gran envergadura, dado os seus 1,95 metros de altura. Un espigado defensor que goza tamén dunha boa saída de balón e capacidade para defender os espazos coa súa ampla zancada.

Formado na canteira do Hajduk Split croata, conta xa con experiencia en España, posto que o pasado ano estivo no filial do Sabadell, tamén na Terceira RFEF. Ademais, tamén xogou no Dekani da Segunda División de Eslovenia.

Durante esta pretempada, Zuba comezou a adestrar co equipo para mediados de agosto e gozou de minutos nos amigables contra o Lugo, Noia, Sarriana e Lalín, xogando unha parte en cada un deles, salvo en Noia, no que xogou os 90 minutos.

Coa ilusión e a ambición de demostrar as grandes calidades que atesoura, as cales lle permitiron destacar na canteira dun dos principais clubs de Croacia, agarda axudar ao equipo a acadar o obxectivo. Para iso, tras asinar o seu novo contrato, xa poderá ser da partida esta mesma fin de semana.

Benvido, Zuba!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.