O Compos mantén o invicto e o liderado en Barreiro

13 de Outubro de 2025
Celebración de Parapar tralo seu gol en Barreiro, o primeiro que marca co Compos desde o seu regreso.
O Compos celebrando o seu gol en Barreiro.
Valín tivo que ser trasladado a un centro médico tras petar contra un valado do campo.
Álex Cobo parando o penalti a Cellerino.
Os xogadores do Compos felicitan a Álex Cobo polo penalti parado en Barreiro.
  • Os nosos empataron 1-1 en Barreiro contra o Gran Peña e seguen no máis alto

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2025

Con 14 de 18 puntos, a SD Compostela segue no máis alto da clasificación do Grupo 1 da Terceira RFEF. Faino tras empatar en Barreiro contra a Gran Peña, 1-1, mantendo así o invicto nestas seis primeiras xornadas.

O duelo contra a Gran Peña foi un partido moi igualado cun tanto por parte para cada equipo. Na primeira, os nosos aproveitaron unha pena máxima cometida sobre Maceira. Parapar encargouse de executar o lanzamento e de anotar o seu primeiro gol desde o seu retorno ao Compos.

Pola súa banda, na segunda, e tras varios achegamentos branquiazuis, o Gran Peña empatou por medio de Julius. E mesmo tería outra gran oportunidade, noutro penalti, pero aí emerxeu a figura de Álex Cobo para evitar, cun paradón, o gol de Cellerino.

Con iso, 1-1 final en Barreiro, repartición de puntos e o Compos que segue no máis alto. A próxima semana tocará de novo buscar a vitoria na casa, nesta ocasión contra o Lugo B.

FICHA TÉCNICA

1 – GRAN PEÑA FC: Andrés (Asier, min.84); Armada (Ginto, min.46), Cantero, Mati, Tyrone; Antón de Vicente, Álex Vila (André, min.65); Amet (Cellerino, min.63), Fran López, Coira; e Julius.

1 – SD COMPOSTEA: Álex Cobo; Valín (Quico, min.14), Diego Rodríguez, Pablo Crespo (Aarón Martínez, min.75), Damián Noya; Diego Uzal, Samu (Mateo, min.75); Parapar (J. Cañizares, min.75), Antón Guisande, Armental (Porrúa, min.80); e Maceira.

GOLES: 0-1: Parapar (p.), min.29; 1-1: Julius, min.60.

ÁRBITRO: Pedro Castro (Lugo). Amoestou a Armada, Mati e Cellerino, polo Gran Peña; e a Pablo Crespo e Diego Rodríguez, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal de Barreiro (Vigo). Xornada 6 do Grupo 1 da Terceira RFEF. Nutrida presenza de afeccionados do Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.