Un penalti no último minuto evita o triunfo do Compos

9 de Novembro de 2025
Maceira asinou o seu cuarto gol da tempada co Compos.
O Compos celebra o seu segundo gol contra o Villalbés.
Secho dando indicacións nun momento do partido en Vilalba.
Cañi regresou á Magdalena, onde xogou a tempada pasada.
  • O Compos sumou un punto contra o Villalbés que puideron ser tres, 2-2 final

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2025

O Compos non puido lograr a vitoria en Vilalba, porque se lle escapou na última xogada do encontro. Un penalti na última acción evitou a vitoria branquiazul, nun partido no que os nosos tiveron ocasións para levar un maior premio. Ao final, 2-2, que mantén aos nosos no máis alto da táboa e invictos.

O partido en Vilalba comezou ben para os intereses do Compos, xa que, aos dez minutos, o pichichi do equipo, Maceira, adiantou aos nosos. O dianteiro superou ao porteiro local tras batelo no man a man cun disparo raso axustado. Era o seu cuarto gol da tempada.

Con todo, os locais empataron cun tanto dun excompostelanista, Make, xusto antes da media hora. Con ese resultado chegaríase ao intermedio.

Á volta dos vestiarios, de novo marcou o Compos primeiro, no 63. Foi tras un gran centro de Diego Rodríguez que introduciu Jose Varela en propia ao tentar evitar un remate branquiazul.

Puido aumentar a vantaxe o Compos, con varias aproximacións seguidas, especialmente un croque de Maceira, pero non acertou e o Villalbés atopouse un penalti na última acción. Borja Míguez caeu na área, o colexiado sinalou os once metros e Pablo Trigo enganou na execución a Álex Cobo.

2-2 final en Vilalba que deixa ao Compos primeiro con 22 puntos. A próxima semana, volta ao Vero Boquete para medirse ao Noia.

FICHA TÉCNICA

2 – RC VILLALBÉS: Álex Santomé; López (Borja Míguez, min.9), Cadra, Da Lama (Vérez, min.85), Buyo; Javi Varela (Gael, min.77), Make, David García; Jose Varela, Herrero (Gegun, min.85) e Pablo Trigo.

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Diego Rodríguez, Pablo Crespo, Damián Noya; Mateo (Valín, min.68), Diego Uzal, Goris (Samu, min.68); Adrián Armental, Parapar (Carlos López, min.79), Antón Guisande (Jesús Cañizares, min.68); e Maceira (Trasi, min.86).

GOLES: 0-1: Maceira, min.11; 1-1: Make, min.27; 1-2: Javi Varela (p.p.), min.63; 2-2: Pablo Trigo (p.), min.94.

ÁRBITRO: Adrián Estévez (Ourense). Amonestó a Javi Varela, Juan Rodríguez (no banco), Da Lama, David García, Herrero, Vérez e Cadra, polo Villalbés; e a Parapar, Samu, Diego Uzal e Carlos López, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal A Magdalena (Vilalba). Xornada 10 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF. Gran presenza de afeccionados da SD Compostela.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

42 minutes ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU UD Llanera 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.