O Compos é máis líder tras gañar ao Arousa

7 de Decembro de 2025
Maceira marcou o seu sétimo tanto na tempada.
O gol de Maceira deixa o Compos máis líder, con seis puntos de vantaxe.
Parapar foi un dos máis incisivos no ataque do Compos.
Álex Cobo volveu deixar a portería a cero na Liga.
Marco Baña regresou aos terreos de xogo tras trece meses.
  • Os nosos gañaron 1-0 ao Arousa, con gol de Maceira, e aumentan a súa distancia no liderado

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2025

A SD Compostela é máis líder: os nosos gañaron 1-0 ao Arousa na casa. Un triunfo moi sólido, cunha nova portería a cero, que lle permite ao Compos aumentar a súa renda no máis alto da táboa.

Como en xornadas anteriores, Maceira volveu ser decisivo para os compostelanistas. Un novo gol do pichichi, o seu sétimo na tempada, permitiu aos nosos sumar os tres puntos. Tras avisar nun intento previo, á segunda opción, cazou un balón solto na área e de cabeza mandouna á rede.

O tanto, pasada a media hora, veu facer méritos a un Compos que estaba a dominar na primeira parte e que estaba ao tentar cada vez que podía correr. Especialmente, tivo unha Goris, que se escapou por milímetros, e outra Armental, que sacou Chema.

Non foron eles, pero si Maceira o que marcou para levar a vantaxe ao marcador, coa que se chegou ao descanso.

Á volta dos vestiarios, o Arousa tentou dar un paso adiante, aínda que o Compos non deixou de tentalo. Probárono Maceira e Parapar desde fóra da área, pero a máis clara tívoa Goris, chegando desde segunda liña, pero Chema sacouna ben abaixo.

Nos últimos minutos, os visitantes fóronse con todo ao ataque, pero os nosos souberon defender ben o resultado. Aínda así, a mellor noticia para o Compos sería o regreso do canteirán Marco Baña, trece meses despois, aos terreos de xogo, entrando para disputar os últimos instantes do duelo.

1-0 final, tres puntos moi importantes e o Compos é máis líder. Con este triunfo, os nosos avantaxan xa en seis puntos ao segundo clasificado. A próxima semana buscarán aumentar esta renda na súa visita ao Atlético Coruña Montañeros.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Pablo Crespo, Diego Rodríguez; Diego Uzal, Samu (Mateo, min.86), Goris (Cañi, min.81); Parapar (Quico, min.86), Antón Guisande (Damián Noya, min.81), Adrián Armental (Marco Baña, min.69); e Maceira.

0 – AROSA SC: Chema; Torrado, Pacheco (Mario García, min.61), Samu Santos, Luis Castro; Javi Rey (Edgar, min.73); Lombao (Seijo, min.85), Remeseiro, Concheiro, Iñaki (Álex Rey, min.61); e Gabri Palmás.

GOLES: 1-0: Maceira, min.36.

ÁRBITRO: Manuel Casanova (Ourense). Amoestou a Pacheco, Álex Rey e Mario García, polo Arousa.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 13 de Liga do Grupo 1 da Terceira Federación disputado ante 1.785 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.