Quinta vitoria consecutiva para ser máis líder

18 de Xaneiro de 2026
Armental e Maceira foron os protagonistas dun Compos máis líder. Dúas asistencias do extremo e dous goles do dianteiro.
Maceira asinou un dobrete co que suma 10 goles na Liga.
O Compos acadou a sexta vitoria consecutiva para pechar a primeira volta.
Cañi marcou a sentenza contra o Viveiro, 3-1.
David Rosón debutou co Compos.
  • O Compos pechou a 1ª volta gañando 3-1 ao Viveiro, con dobrete de Maceira e gol de Cañi, para ser máis líder

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2026

O Compos é máis líder tras lograr a quinta vitoria consecutiva na Liga. Os nosos superaron por 3-1 ao Viveiro na casa para pechar unha primeira volta perfecta, na que a SD Compostela acaba invicta. Foi un triunfo de mérito tras remontar na segunda parte.

O partido comezou con dominio compostelanista, con claras opcións para marcar nas botas de Antón Guisande, Armental, Maceira e Goris, pero en todas elas o porteiro visitante rexeitou os intentos dos nosos.

Con todo, cando parecía que se chegaría ao descanso con igualada, o Viveiro aproveitou unha contra, tras un saque de falta do Compos, para marcar cunha carreira de Esquerdeiro. 0-1.

Tralo paso polos vestiarios, o Compos seguiu insistindo e atopou o premio cando entraron os primeiros cambios, un deles Rosón, que asinou un gran encontro na súa estrea como compostelanista. En dez minutos de vertixe, deulle a volta ao marcador con tres acciones seguidas de gol.

No 71, Parapar atopou ao espazo a Armental, este avanzou pola banda e puxo una picada perfecta por encima do porteiro para que Maceira marcase a portería baleira. 1-1.

No 74, de novo Armental sería clave, esta vez aparecendo polo centro, para deixar outro gran servizo para Maceira, que regateou ao porteiro e marcou a portaría baleira. 2-1, dobrete de asistencias para Armental e de goles para Maceira que selaba o seu décimo gol en liga.

E no 79, a guinda. Antón Guisande apareceu ás costas da defensa para gañar a acción e deixar a pelota a Cañi, que controlou e superou a pracer ao porteiro visitante. 3-1 e partido pechado.

Coa clara vantaxe, o partido baixou pulsacións e chegouse ao final co 3-1. Quinta vitoria consecutiva para o Compos que pecha a primeira volta invicto e máis líder, con dez puntos de marxe sobre o segundo clasificado. A semana próxima tentará comezar igual a segunda metade do campionato na visita ao Barco.

FICHA TÉCNICA

3 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Diego Uzal, Pablo Crespo (Diego Rodríguez, min.63), Damián Noya; Samu (Cañi, min.63), Goris (Rosón, min.63); Parapar (Charly, min.71), Antón Guisande, Adrián Armental (Aarón Martínez, min.84); e Maceira.

1 – VIVEIRO CF: Valentín; Nacho (Carlos, min.73), Diogo, Diego, Jacobo (Arturo, min.77), Esquerdeiro; Cora (Henry, min.73), Álvaro, Rolle, Koval; e Lansade (Ayoub, min.90).

GOLES: 0-1: Esquerdeiro, min.44; 1-1: Maceira, min.71; 2-1: Maceira, min.74; 3-1: Cañi, min.79.

ÁRBITRO: Adrián González (Ourense). Amoestou a Pablo Crespo, Maceira e Aarón Martínez, polo Compos; e a Jacobo e Koval, polo Viveiro.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 17 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.386 espectadores. Antes do partido, Samu recibiu unha camiseta conmemorativa polos 250 partidos xogados coa SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAALDeportivo Alavés B 1️⃣-1️⃣ COMPOSValioso punto dos nosos nun campo tremendamente complicado🤯🖐️Edu Sousa foi clave parando un penalti co partido 1-1 no treito final🔜🩵🤍 A vindeira semana agardamos por todos vós para recibir ao Bergantiños #minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS 11👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🐈, Iago DomínguezMoitos parabéns, Iago!! 🩵🤍Que o poidamos celebrar cunha +3⃣ esta mañá en Vitoria! 📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Deportivo Alavés B🏟️ Ibaia 3🕛 12:00 horas🎟️ 10€❌📺 🙌 A recuperar a senda do triunfo en Vitoria!📸 @nacho_castano_#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Deportivo Alavés B👉 Os nosos para o encontro de mañá ás 12:00 horas en Vitoria! Regresan á convocatoria tralas súas lesións Ces Cotos e Armental#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.