-
Os preparadores físicos Joan Forcades e Guillem Mascaró falarán sobre innovación, envellecemento activo e exercicio físico
-
O foro terá lugar o venres 17 de abril, ás 19:00 horas, no Museo das Peregrinacións con acceso gratuíto ata completar aforo
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026
Calidade de vida, saúde e innovación. O III Foro “Tecnoloxía e Deporte“, organizado pola SD Compostela, leva ao Auditorio do Museo das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre innovación, envellecemento activo e exercicio físico.
Un evento, con acceso gratuíto para o público xeral ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel:
- Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá.
- Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running.
Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos.
Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área. Desta forma, seguimos abordando, con referentes de recoñecido prestixio, como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde.
Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con referentes no seu campo como Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, agardamos con moita ilusión esta nova entrega do foro, patrocinada pola Xunta de Galicia, o Xacobeo 2027, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e Plexus Tech.




