III Foro Tecnoloxía e Deporte: calidade de vida, saúde e innovación

9 de Abril de 2026
III Foro Tecnoloxía e Deporte sobre innovación e tecnoloxía para envellecemento activo e exercicio físico.
  • Os preparadores físicos Joan Forcades e Guillem Mascaró falarán sobre innovación, envellecemento activo e exercicio físico

  • O foro terá lugar o venres 17 de abril, ás 19:00 horas, no Museo das Peregrinacións con acceso gratuíto ata completar aforo

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026

Calidade de vida, saúde e innovación. O III Foro “Tecnoloxía e Deporte, organizado pola SD Compostela, leva ao Auditorio do Museo das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre innovación, envellecemento activo e exercicio físico.

Un evento, con acceso gratuíto para o público xeral ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel:

  • Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá.
  • Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running.

Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos.

Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área. Desta forma, seguimos abordando, con referentes de recoñecido prestixio, como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde.

Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con referentes no seu campo como Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, agardamos con moita ilusión esta nova entrega do foro, patrocinada pola Xunta de Galicia, o Xacobeo 2027, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e Plexus Tech.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.