O Compos recupera o liderado cun gran triunfo na Lomba

12 de Abril de 2026
Máis de medio millar de afeccionados do Compos estiveron en Vilagarcía animando aos nosos.
Antón Guisande foi decisivo, con dous goles, para que o Compos recupere o liderado na Liga.
O Compos celebra un dos goles do partido.
Unai Peón regresou á titularidade, estivo imperial roubando moitos balóns e mesmo gozou dunha gran ocasión para marcar gol.
O Compos foi un equipo moi sólido na Lomba para conseguir o triunfo.
Parapar estivo moi incisivo pola banda.
Álex Cobo volveu deixar a portería a cero.
Goris volveu aos terreos de xogo tras superar a súa lesión.
Final do partido con Diego Uzal e Aarón Martínez celebrando coa afección desprazada.
  • Os nosos superaron por 0-2 ao Arousa, nun partido moi sólido decidido cun dobrete de Antón Guisande para recuperar o liderado

Vilagarcía, 12 de abril de 2026

Triunfo de moito mérito do Compos na Lomba, 0-2, para recuperar o liderado na liga. Os nosos superaron ao seu rival máis directo nun encontro moi sólido, decidido con dous goles de Antón Guisande na primeira parte. Unha vitoria moi necesaria para recuperar sensacións e superar ao Arousa na táboa.

A pesar das dinámicas das últimas xornadas, o duelo na Lomba comezou cun protagonista claro: a SD Compostela. Os nosos, moi ben plantados sobre o verde, xeraron perigo desde o primeiro minuto, mostrándose superiores ao seu rival.

Avisou Maceira, cun gol anulado; probouno Samu, de falta, pero mandouna fóra por pouco; e tívoa Antón Guisande, pero sacou Chema unha gran man. Tres ocasións, en vinte minutos, que foron o preludio do primeiro gol da tarde, no 26.

Roubou Riki Mangana, Maceira contemporizou antes de mandala ao espazo para Antón Guisande e o atacante, ante o porteiro, picouna para pór o 0-1. Golazo e tolemia nas bancadas, con máis de medio milleiro de afeccionados do Compos.

E tralo gol, o Compos seguiu ao seu. Unai perdoou o segundo, cunha vaselina que se lle escapou por moi pouco, pero o que non o fixo foi, de novo, Antón Guisande. Imperceptible para a defensa local, Guisande enganou ao central deixando pasar o balón entre as pernas, superou a todos en velocidade e plantouse só ante Chema para superalo, esta vez, cun disparo axustado ao primeiro pau. Outro gran gol, o seu oitavo na Liga, e 0-2.

Con esa vantaxe chegouse ao intermedio, tocou frear os ánimos e encarar unha longa segunda metade. Nela, o Arousa, sen complexos, tivo máis o balón e buscou a portería de Álex Cobo, pero o porteiro do Compos estivo imperial unha vez máis.

A máis clara foi un balón ao pau, tras un centro ao segundo pau, aínda que os nosos tamén terían a súa para marcar o terceiro, pero Parapar, que avanzou desde o centro do campo, mandouna arriba cando tiña todo a pracer.

Por iso, o marcador xa non se moveu e os tres puntos fóronse para o bote da SD Compostela. Triunfo vital para os nosos que recuperan o liderado e, ademais, tamén as boas sensacións. Agora, quedan catro finais para conseguir o obxectivo. A próxima fin de semana a primeira delas, na casa, contra o Atlético Coruña Montañeiros.

FICHA TÉCNICA

0 – AROUSA SC: Chema; Pacheco, Tafa Kanthe (C. Torrado, min.32), Samu Santos, Luis Castro (Manu Fernández, min.86); Concheiro, Remeseiro;         Lombao (Iñaki Martínez, min.75), Álex Rey, Martín Diz; e Gabri Palmás (Yoel Crespo, min.75).

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Riki Mangana, Diego Uzal, Pablo Crespo, Damián Noya; Samu, Unai (Aarón Martínez, min.83); Parapar (David Rosón, min.83), Antón Guisande (Diego Rodríguez, min.89), Armental (Goris, min.62); e Maceira (Charly, min.83)

GOLES: 0-1: Antón Guisande, min.26; 0-2: Antón Guisande, min.39.

ÁRBITRO: Carlos Martínez (Vigo). Amoestou a Samu Santos, Óscar Pérez (segundo adestrador), Álex Rey e Remeseiro, polo Arousa; e a Secho (adestrador) e Diego Uzal, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Xornada 30 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF cun ambiente espectacular nas bancadas. Máis de medio milleiro de espectadores do Compos viaxaron ata Vilagarcía.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.