Empate na casa, 2-2, contra o Atlético Coruña

19 de Abril de 2026
Antón Guisande non puido marcar hoxe, no empate do Compos na casa, 2-2, contra o Atlético Coruña Montañeros.
O partido contra o Atlético Coruña serviu para apoiar o proxecto "Alcer 7 Vidas", que fomenta a doazón de órganos.
Álex Cobo despexando un centro á área do rival.
A grada do Vero Boquete tivo un gran ambiente, con máis de 1.600 espectadores.
Pablo Crespo, xogador patrocinado por Limpiezas Salgado, celebra o seu gol, o seu segundo na Liga, con Riki Mangana.
Unai Peón foi un dos máis destacados do partido ante o seu exequipo, sumando ademais unha asistencia de gol.
Maceira non tivo o seu día de cara ao gol, con tres ocasións que non acabaron na rede.
Damián Noya, avanzando polo carril.
Cañi volveu marcar gol, outra vez no Vero Boquete, transformando o penalti decisivo.
Goris volveu contar con minutos no Vero Boquete, tralo seu regreso a semana pasada.
O Compos buscouno con centros a área, como este de David Rosón, pero non houbo maior premio.
  • Os nosos igualaron tras ir por detrás no marcador dúas veces

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2026

A SD Compostela segue líder, pero perdeu a vantaxe tralo seu empate no Vero Boquete, 2-2, contra o Atlético Coruña Montañeros. Unha igualada na que os nosos foron por detrás no marcador dúas veces. Houbo ocasións para o terceiro, pero o resultado xa non se moveu.

Trala vitoria en Vilagarcía, o Compos quería aproveitar esas boas sensacións para sumar un novo triunfo na casa. Enfronte, un rival sen medo, que quixo a pelota, aínda que o Compos ameazaba á contra. Polo bando visitante, as mellores opcións chegaron a balón parado, mentres que por parte do Compos, Maceira, cun disparo axustado, tivo a máis clara. En todo caso, chegouse ao intermedio co empate a ceros.

Na segunda parte, os branquiazuis saltaron con máis ímpeto, apertando na presión. Os nosos tivérona nunha moi clara para o primeiro, cun disparo de Maceira, rexeitado polo porteiro, e posterior remate de Samu, salvado sobre a liña, tras pegar no pau.

Con todo, cando empezaba a envorcarse o partido cara ao Compos, chegou o tanto visitante. Carreira cazou un rexeite na frontal, tras un córner, e o seu disparo pegou nas pernas dun defensor, cambiando totalmente a traxectoria e acabando na rede.

En todo caso, reaccionou ben o Compos. Seguiu coa boa dinámica e acabou atopando o tanto, tras unha boa acción de Unai. O mediocentro pasouna por encima da defensa cun taconazo e Pablo Crespo, entrando desde atrás, definiu a pracer. 1-1.

Co primeiro, os nosos foron na procura do segundo e Maceira volveuna ter, pero o seu remate, tras un gran centro de Cañi, acabou no pau.

E de novo, no 77, outro golpe á contra, aproveitando os espazos que deixaba o Compos. Juan atopouse un man a man con Cobo, o porteiro rexeitou, pero Balsa, excanteirán branquiazul, apareceu só para cazar o rexeite e mandala á rede.

Con poucos minutos por diante, tocou tirar de épica e o Compos atopou o premio. Nun centro de Armental, catro minutos máis tarde, a pelota pegou na man de Ogando e o colexiado non o dubidou: penalti. Encargouse de executalo Cañi e de marcalo unha vez máis. O seu sexto gol na Liga e 2-2.

E o botín puido ser maior, porque noutro centro desde a dereita, esta vez de Diego Rodríguez, a pelota caeulle a Maceira, disparou coa zurda, pegou nun defensa e a pelota marchouse por moi moi pouco. Non era o día para o dianteiro.

Houbo sete minutos de engadido, pero o marcador xa non se moveu. Empate final que deixa ao Compos líder, pero empatado a puntos. A próxima semana, nova final, coa visita ao Somozas.

FICHA TÉCNICA

2 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Riki Mangana (Diego Rodríguez, min.72), Diego Uzal, Pablo Crespo, Damián Noya; Samu (Goris, min.72), Unai (David Rosón, min.87); Parapar (Cañi, min.72), Antón Guisande (Charly, min.82), Armental; e Maceira.

2 – ATLÉTICO CORUÑA: Marcos; Achore, Samu, Longueira (Real, min.77), Ogando, Diego (Cano, min.68); Carreira, Dani, Balsa (Álex Suárez, min.85); Otero (Juan, min.77) e Pape (Iago López, min.77).

GOLES: 0-1: Carreira, min.56; 1-1: Pablo Crespo, min.63; 1-2: Balsa, min.77; 2-2: Cañi (p.), min.82.

ÁRBITRO: Alejandro Gómez (Pontevedra). Amoestou a Real, polo Atlético Coruña.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 31 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.650 espectadores. O Compos apoiou a campaña “Alcer 7 Vidas” para fomentar a doazón de órganos e os hábitos de vida saudables.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.