O Compos gaña en Viveiro, pero irá ao playoff

10 de Maio de 2026
O gol de Damián Noya deulle a vitoria ao Compos en Viveiro, pero o equipo irá ao playoff, tras quedar segundos na Liga.
Os nosos celebran o gol de Damián Noya en Cantarrana.
Cañi foi titular e puxo a asistencia do tanto do Compos.
Quico, tras moitas xornadas, volveu ser titular e rendiu a un gran nivel.
Aarón Martínez tamén saíu de inicio, tras moitas xornadas.
Antón Guisande foi un dos mellores do partido en Cantarrana.
Álex Cobo deixou a portería a cero, conseguindo ser o porteiro menos goleado do Grupo 1 da Terceira RFEF.
Maceira, titular hoxe, loita contra un rival na banda.
  • Os nosos venceron 0-1, con gol de Damián, pero foi insuficiente e terán que buscar o ascenso no playoff

Viveiro, 10 de maio de 2026

O Compos gañou en Viveiro, o seu primeiro obxectivo nesta última xornada, pero non atopou o resultado desexado en Vilagarcía e terá que xogar o playoff. Os nosos gañaron con gol de Damián Noya, pero foi insuficiente para chegar á primeira praza. Agora, por diante, unha fase para buscar o mesmo obxectivo: o ascenso.

Saltou o Compos a Cantarrana coa firme intención de gañar e esperar un fallo do líder. Con esa premisa clara, os nosos comezaron con forza, dominando o esférico e buscando o arco rival.

Así, nunha acción a balón parado, pasado o cuarto de hora, chegou o primeiro gol. Colgou a falta Cañi e Damián Noya adiantouse a toda a defensa e ao porteiro para meter a cabeza e mandar a pelota á rede. 0-1.

Con vantaxe no marcador, o Compos seguiu buscando o arco rival, aínda que sen exporse atrás, tendo as súas opcións. Primeiro foi Armental, tras unha gran acción individual, o que mandou o esférico ao lateral da portería. E despois, nunha falta desde a frontal, tívoa Parapar, pero Ayoub sacou o balón a córner con apuros. Así, chegouse ao intermedio coa vantaxe mínima compostelanista.

Á volta dos vestiarios, o partido seguiu polo mesmo camiño, cun Compos que dominaba os tempos e que deu un paso máis, buscando o segundo, coa entrada dos cambios.

Damián Noya, ao pau nun remate de córner, e Goris, ao traveseiro tras un rexeite do porteiro, tiveron as máis claras, pero a pelota non entrou.

Sen perigo atrás, chegouse ao final co 0-1, resultado insuficiente porque na Lomba, os locais remontaron e levaron o ascenso. Agora, toca loitar polo salto de categoría nun playoff que comeza a próxima fin de semana. A primeira eliminatoria será contra o Racing Vilalbés.

FICHA TÉCNICA

0 – VIVEIRO CF: Ayoub; Manu, Jacobo (Colucci, min.67), Diego, Diogo, Esquerdeiro; Cora (Carlos, min.80), Rolle, Álvaro; Vicente (Henri, min.59) e Arturo (Lansade, min.46).

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Valín, Quico, Damián Noya, Aarón Martínez (Goris, min.71); Diego Uzal; Armental (Unai, min.60), Parapar (David Rosón, min.89), Antón Guisande, Cañi (Samu, min.71); e Maceira (Charly, min.71).

GOLES: 0-1: Damián Noya, min.16.

ÁRBITRO: Rodrigo García (A Coruña). Amoestou a Esquerdeiro, Arturo, Manu e Diego, polo Viveiro.

INCIDENCIAS: Estadio Municipal Cantarrana Kiko Rey (Viveiro). Xornada 34 de Liga, última de liga, do Grupo 1 da Terceira RFEF. Máis dun centenar de afeccionados desprazáronse ata terras lucenses co equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.