Goleada 6-1 para pasar de rolda no play off

24 de Maio de 20260
A bancada vibrou e apoiou aos nosos desde o comezo.
Os nosos demostraron un gran poderío ofensivo.
Maceira marcou un dobrete e suma xa 16 goles na tempada.
Antón Guisande marcou o cuarto e deu a asistencia do quinto.
O Compos pasou de rolda no play off tras golear ao Vilalbés por 6-1.
  • O Compos goleou na casa, cunha bancada entregada desde o inicio, para plantarse na seguinte rolda do play off

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2026

A SD Compostela xa está na seguinte rolda do play off de ascenso e conseguiuno cun partidazo na casa. Os nosos golearon 6-1, dominando de principio a fin e cunha bancada que apertou desde o inicio. Foi un partido redondo para clasificarse para a final galega da fase de ascenso, onde agarda o Atlético Arteixo.

O partido no Vero Boquete, coa mellor entrada da tempada, comezou da mellor maneira. Cun ritmo altísimo, o Compos comezou a avisar desde o minuto un e aos cinco xa ía por diante. Parapar puxo en carreira a Valín, este serviu un centro raso perfecto e Maceira volvía tola á bancada empurrándoa á rede: 1-0.

Sen importar o gol, os nosos seguiron percutindo e, pasado o cuarto de hora, volveron atopar o premio, esta vez a través dunha contra. Samu liderou a cabalgada, puxo no un contra un a Armental co seu lateral e o extremo foise do seu par e púxoa con clase no segundo pau. Un toque ao ángulo que fixo imposible a estirada do porteiro: 2-0.

O rival estaba ferido e o Compos, co apoio da afección, seguiu buscando facer máis dano. Tívoa Pablo Crespo para o terceiro, pero fallou con todo a pracer, tralo pase da morte de Antón Guisande. Puido tela tamén desde os once metros, nunha acción moi protestada por Maceira, tras unha clara cambadela dentro da área, pero o colexiado non decretou nada. Rozouna Samu, pero un defensa sacouna no último instante.

E de tanto insistir, acabou atopando o premio na última acción da primeira metade. Nun córner botado por Parapar, non chegou por pouco Quico, pero a súa acción despistou a toda a defensa visitante, rebotando a pelota nun deles e acabando na rede: 3-0. O resultado e as sensacións non podían ser mellores e o público agradeceullo aos seus.

Xa na segunda parte, o Vilalbés saíu con máis mordente, tras unha primeira metade na que non pisou a área de Álex Cobo, e atopouse cun gol de Anthony aos cinco minutos, aínda que foi unha miraxe.

O Compos seguiu ao seu e seguiron chegando as ocasións e, sobre todo, os goles. Un arsenal ofensivo comandado por un Parapar que estivo imperial.

O primeiro en avisar foi Maceira, tras unha asistencia de cabeza do extremo, pero a súa preciosa chilena estampouse contra o pau. Unha xogada que foi a previa do cuarto, con outra aparición de Parapar polo medio, pondo o servizo para o ariete. Aínda que este non chegaría por pouco, Santomé só puido rexeitar a pelota, que acabou nas botas de Antón Guisande, quen o regateou e marcou a portería baleira: 4-1.

E xusto a seguir, o quinto. Outra vez Antón Guisande gañou as costas da defensa e serviuna para que o pichichi Maceira selase o seu dobrete e o quinto da tarde sen oposición.

Chegou o momento dos trocos, dos aplausos da bancada, pero os nosos non frearon no seu ímpeto. E é que Goris, un dos recentemente entrados, tivo o sexto nunha acción que tamén acabou no pau. Unha media ducia que se chegou xa na prolongación, tras outra acción de moitos quilates de Parapar pola banda, cun caneo doutra categoría. Foi Charly, aproveitando o esférico morto na área o que puxo ese definitivo 6-1.

Coa goleada, o Compos consegue a clasificación para a seguinte rolda do play off, na que se medirá ao Atlético Arteixo. Unha final autonómica que comezará a próximo fin de semana en terras coruñesas.

FICHA TÉCNICA

6 – SD Compostela: Álex Cobo; Valín, Quico, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal (Unai, min.77), Samu (Charly, min.72); Parapar, Antón Guisande (David Rosón, min.72), Armental (Goris, min.63); e Maceira (Cañi, min.63).

1 – RC Vilalbés: Santomé; Jose Varela, Edu, Vérez (Javi Rey, min.45), Santi Prado (Buyo, min.76), López; Manu Mosquera (Sergio, min.64), Make (Anthony, min.45), David García, Borja Rey (Herrero, min.64); e Pablo Trigo.

Goles: 1-0: Maceira, min.5; 2-0: Armental, min.19; 3-0: Santi Prado (P.P.), min.45+4; 3-1: Anthony, min.51; 4-1: Antón Guisande, min.60; 5-1: Maceira, min.62; 6-1: Charly, min.90+2.

Árbitro: Iván Rodríguez (Asturias). Expulsou a López (min.90+2) con vermella directa. Ademais, amoestou a Samu, polo Compos; e a Make, Pablo Trigo e Javi Rey, polo Vilalbés.

Incidencias: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Partido de volta das semifinais do play off autonómico disputado ante 2.245 espectadores, a mellor entrada da tempada. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio na memoria de Vanesa Gómez, abonada do club que faleceu recentemente.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos acadou onte a clasificación para a seguinte rolda do play off no fortín do Vero Boquete 💪 Os nosos golearon 6⃣-1⃣ nun partido redondo🔜 O próximo rival será o Atlético Arteixo 👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/24/pase-play-off-6-1-compos-vitoria/📸 Nacho Castaño #composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestramento valorou na sala de prensa o gran encontro dos nosos, co 6⃣-1⃣ final, para pasar de rolda no play off#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 6️⃣-1️⃣ RACING CLUB VILLALBÉS ⚽️⚽️ Maceira | ⚽️ Armental, P.P., Antón Guisande e CharlyESTAMOS NA SEGUINTE ROLDA!!! 🩵🤍QUE GRAN PARTIDO DOS NOSOS!!! 💪💪GRAZAS A TODOS POR ESTAR AÍ!!! TODOS XUNTOS, PASO A PASO 🫂📸 Nacho Castaño #composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ RACING CLUB VILLALBÉS ⚽️ Maceira | Armental | P.P👉 Pechamos a primeira metade con vantaxe no marcador tras uns moi bos 45 minutos dos nosos📸 Nacho Castaño #composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU COMPOS 🆚️ RACING CLUB VILLALBÉS #composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.