Diego Uzal, Jugador Cinco Estrellas do Compos na Tempada 25/26

27 de Maio de 2026
Diego Uzal, gañador do premio Jugador Cinco Estrellas, recolleu o galardón esta mañá de mans de Hugo Pérez, de Mahou Galicia.
Diego Uzal estivo acompañado dos finalistas que optaron ao premio: Álex Cobo, Antón Guisande, Armental e Maceira.
  • O mediocentro, elixido pola afección cos seus votos na rede social ‘X’, recibiu esta mañá o premio de mans de Mahou

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026

Diego Uzal é o Jugador Cinco Estrellas da SD Compostela na Tempada 2025/26. O mediocentro coruñés foi elixido pola afección como o mellor xogador da campaña cos seus votos na rede social ‘X’. Esta mañá, no palco do Estadio Vero Boquete de San Lázaro, recibiu o seu galardón de mans de Mahou, o noso patrocinador e impulsor desta iniciativa.

Na súa primeira campaña en Compostela, Diego Uzal foi un xogador fundamental nos esquemas do Compos ao longo de toda a campaña. Neste sentido, pechou a tempada regular como o xogador de campo con máis minutos disputados, rozando os 3.000. En total, xogou 33 partidos, todos eles como titular, perdéndose tan só un por sanción, e marcou un gol.

Xa fose no centro do campo ou na zaga, foi un pulmón para o equipo, e ségueo sendo no play off. Unha capacidade de esforzo, compromiso e liderado que levaron á afección a elixilo como o mellor xogador da tempada en clave compostelanista.

Por todo iso, esta mañá recibiu o galardón Jugador Cinco Estrellas de mans de Hugo Pérez, Responsable de Marketing Local e de Clientes de Mahou Galicia, nun acto no que tamén estiveron os outros catro candidatos finalistas ao premio: Antón Guisande, Maceira, Álex Cobo e Adrián Armental.

 

Mahou, patrocinador do premio ao Jugador Cinco Estrellas.

O Jugador Cinco Estrellas de Mahou é unha iniciativa moi especial impulsada polo noso patrocinador, que recoñece, por unha banda, aos xogadores máis destacados, e polo outro, aos seus afeccionados, que son os encargados da elección.

Ademais, coa entrega deste premio, Mahou segue demostrando o seu apoio á SD Compostela, un vínculo que se mantén forte desde hai anos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍 Xornada de convivencia dos nosos na Senda do PoolUnha vez máis, queremos agradecer ao noso establecemento colaborador por acollernos no seu localCollemos impulso para unha tempada ilusionante! 🚀 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A SD Compostela realizou esta mañá unha ofrenda ao Apóstolo SantiagoNa Catedral, recibiunos o seu deán, Manuel Jesús Formoso, quen desexou moita sorte ao equipo para esta Tempada 26/27 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 1🩵🤍 O técnico valorou a pretempada, o inicio da Liga e a importancia de conectar coa afección desde o comezo👉 A rolda de presa tivo lugar no Restaurante San Jaime, patrocinador do club ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📸🩵🤍 ROQUE, TEOFILOVIC E IAGO DOMÍNGUEZ SON XA BRANQUIAZUIS!✅ Os tres están preparados para o comezo da Liga! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Roque, Iago Domínguez e Teofilovic🩵🤍 As tres últimas fichaxes do Compos foron presentadas no Restaurante La Planta, novo patrocinador do club👉 Acompañounos José Antonio Vilaseco, propietario do establecemento compostelán ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.