Derrota na ida, tocará darlle a volta na casa

31 de Maio de 2026
A afección, coma sempre, acompañou ao equipo, enchendo unha das bancadas do campo de Ponte dos Brozos.
Álex Cobo, imperial, sacándolle o man a man a Martínez na primeira metade.
Quico repetiu no centro da zaga do Compos.
Damián Noya buscando un centro a área, nunha das súas subidas pola banda.
Parapar, ademais de polo gol, foi o mellor do Compos na ida disputada en Arteixo.
Cañi foi titular, como na ida en Vilalba, ante a ausencia de Armental.
Maceira estivo moi ben defendido durante todo o duelo, aínda que levou perigo cando puido correr.
O Compos celebra o gol de Parapar, que poñía o 0-1 momentáneo.
  • O Compos caeu na ida 2-1 na súa visita ao Arteixo e terá que remontar na volta no Vero Boquete

Arteixo, 31 de maio de 2026

A SD Compostela caeu derrotada no partido de ida da final autonómica do play off, 2-1, e terá que remontar na volta, en casa, para superar a eliminatoria. Todo se decidiu nunha segunda parte vertixinosa, na que marcaron primeiro os nosos, pero que acabou coa vantaxe do Arteixo.

O partido en Ponte dos Brozos foi un duelo típico de play off, moi igualado e cun ambientazo nas bancadas, con medio milleiro de afeccionados desprazados desde Compostela.

Na primeira metade, as defensas impuxéronse aos ataques. As presións altas facían dano a ambos conxuntos, provocando imprecisións que, con todo, non acabaron en gol.

Tras senllas perdas do Compos, Álex Cobo apareceu imperial para despexar, primeiro, un disparo axustado desde a frontal; e despois, para tapar todos os ocos nun man a man con Martínez.

Pola súa banda, en ataque, tras varios disparos desde a frontal que se escaparon por pouco, a máis clara para os compostelanistas chegou nos instantes finais, nun centro raso de Parapar que se paseou pola área pequena e que Cañi non foi quen de remachar a gol no segundo pau. Un defensa apareceu no último instante para quitarlle o balón cando xa se relambía para empuxala.

Tralo paso polos vestiarios, ambos conxuntos seguiron co seu plan, aínda que agora si, chegarían os goles, e o primeiro, obra do Compos. No enésimo roubo, os nosos montaron a contra, liderada por Samu e o capitán inventouse un pase maxistral para pór a Parapar no man a man, quen a mandou a gardar, 0-1.

Corría o minuto 55 e o Compos conseguira o máis complicado, con todo, todo cambiou trece máis tarde, xa que os locais conseguiron empatar, por obra de Jota, tras recibir unha defectuosa cesión atrás e bater a Cobo no un contra un.

Os locais viñéronse arriba co gol, que fixo dano ao Compos, e acabaron atopando o segundo, a cinco para o final, cun potente disparo de Otero que se coou pola escuadra, 2-1.

Os nosos tentárono cun último tirón, no que tiveron un bo tiro de Goris na área, pero este foi tapado por un defensa. Por iso, a contenda culminouse coa mínima vantaxe local.

Agora, o vindeiro domingo, ás 18:30 horas no Vero Boquete, aos nosos tocaralle reporse para poder gañar o partido e remontar a eliminatoria. Co apoio da bancada, como fai sete días, o Compos buscará o pase de rolda, que está a un gol.

FICHA TÉCNICA

2 – Atlético Arteixo: Carlos; Iván, Agulló, Tomé, Manu Berrocal; Pablo Naya, Queijeiro; Rubo (Moreta, min.83), Martínez (Melo, min.66), Jota (Lamas, min.88); e Otero (Rojo, min.88).

1 – SD Compostela: Álex Cobo; Valín, Quico, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu (Unai, min.85); Parapar (Goris, min.80), Antón Guisande, Cañi (Riki Mangana, min.80); e Maceira (Charly, min.80).

Goles: 0-1: Parapar, min.55; 1-1: Jota, min.68; 2-1: Otero, min.85.

Árbitro: Juan Carlos Valero (Madrid). Amoestou a Queijeiro, polo Arteixo.

Incidencias: Campo Municipal Ponte dos Brozos (Arteixo). Partido de ida da final autonómica do play off de ascenso a Segunda RFEF con máis de 1.000 espectadores na bancada, medio milleiro afeccionados da SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.