O Compos está na final do play off

7 de Xuño de 2026
O Compos celebrou ao final, coa súa afección, o pase á seguinte rolda do play off.
A afección acompañou ao equipo durante os 120 minutos e foi fundamental para o pase de rolda.
Armental, como contra o Vilalbés, volveu ser decisivo cun gol na primeira metade.
O Compos estivo mellor que o seu rival e tivo ocasións para gañar o partido mesmo con máis vantaxe.
Goris foi unha das novidades no once inicial do Compos.
Parapar foi o mellor do equipo, unha vez máis, neste play off.
Charly puxo o segundo e definitivo tanto da contenda, no minuto 74.
  • Os nosos conseguiron a remontada, 2-1, contra o Arteixo e pasan á seguinte rolda do play off

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2026

O Compos está na final do play off. Os nosos superaron por 2-1 ao Arteixo, obrando a remontada e clasificándose para a última eliminatoria da fase de ascenso. Nunha gran tarde de fútbol, os goles de Armental e Charly, así como a mellor clasificación na liga regular dos branquiazuis, permiten á SD Compostela superar esta dura eliminatoria. Xa só queda un paso máis.

Coa misión de lograr a remontada, o Compos, apoiado pola bancada, saltou ao Vero Boquete coas premisas claras. Insistir ata que caese o gol. Con máis de 4.000 espectadores, a mellor entrada da tempada, os nosos arrincaron mellor e comezaron a avisar xa nos primeiros minutos.

No 9, probouno Parapar desde a frontal, e dous máis tarde Goris, desde a mesma zona, aínda que en ambas ocasións apareceu Carlos. Foi o preludio do que se viviu ao cuarto de hora.

Primeiro, desde tres cuartos de campo, Armental buscou un disparo espectacular que se estrelou na escuadra, para posteriormente acabar en córner. E na xogada ensaiada, o propio extremo de Ribeira combinou con Parapar, para encarar pola liña de fondo e fusilar a pelota ao fondo da rede. 1-0 e eliminatoria igualada.

Coa igualdade na rolda, o Arteixo quixo sacudirse a presión inicial branquiazul e comezou a mover mellor a pelota, ante un Compos que se repregou con orde, sen perder a mordente arriba en canto podía saír.

Foron minutos de moito control, achegamentos por ambas áreas, pero sen acabar de concretarse en ocasións. Por iso, o tempo foi correndo ata chegar ao intermedio coa citada vantaxe mínima do Compos.

Á volta dos vestiarios, os nosos seguiron co mesmo plan, comezando de novo con aproximacións. Tívoa Antón Guisande, desde a frontal, pero sacouna coa punta dos dedos Carlos, e tentouno Maceira, por dúas veces, pero os seus remates non acabaron no lugar desexado.

Con todo, a pesar de que o Compos tiña controlado o partido, chegou o inesperado. Nunha acción a balón parado ben executada, Agulló cazou á segunda a pelota na área e mandouna de cabeza ao fondo da rede.

De novo os coruñeses estaban por diante na eliminatoria, pero aí saíu a relucir a casta deste Compos, arroupado pola bancada, que non deixou de animar pese ao gol.

Parapar botouse o equipo ás costas e comezou a xerar accións de perigo en busca do segundo da tarde e este acabou chegando no 74. Tras unha boa acción trenzada polo balcón da área, Antón Guisande puxo o pase da morte, Samu rematou de primeiras e a pelota rebotou en Charly para acabar no fondo da rede. 2-1 e de novo todo igualado (3-3).

A pesar de que o empate no global favorecía aos intereses compostelanistas, os nosos seguírono tentando e tiveron o triunfo definitivo, por dúas veces, no desconto, ambas en botas de Samu, pero primeiro, no man a man, non foi quen de superar ao porteiro e despois, tras un disparo desde a frontal, Carlos sacou a pelota coa punta do pé. Así, chegouse á prórroga, na que a vantaxe, pola clasificación na Liga, xa era branquiazul.

No tempo extra, o Compos estaba mellor fisicamente e esa forza permitíalle ter o control da contenda e buscar accións de perigo, sobre todo, nas botas dun Cañi que acababa de entrar.

O extremo probou os reflexos de Carlos, no seu enésimo intento da primeira parte da prórroga e tívoa, sobre todo, no 115, pero perdoou cando o tiña todo a pracer, tralo roubo de balón de Charly ao porteiro.

En todo caso, non fixo falta, porque os nosos despexaron todos os centros á área dos visitantes e acabáronse levando o triunfo, 2-1, que lle permite clasificarse para a seguinte rolda do play off. Agarda o Badolona, do grupo catalán. A próxima semana comeza a finalísima no noso feudo.

FICHA TÉCNICA

2 – SD Compostela: Álex Cobo; Valín (Riki Mangana, min.71), Quico, Pablo Crespo (Charly, min.71), Damián Noya; Diego Uzal, Goris (Unai, min.84); Parapar, Antón Guisande (Aarón Martínez, min.112), Armental (Samu, min.57); e Maceira (Cañi, min.91).

1 – Atlético Arteixo: Carlos; Iván (Iker, min.84), Agulló, Tomé, Manu Berrocal; Álvaro Queijeiro (Marcos Aller, min.51), Pablo Naya; Rubo (Moreta, min.62), Pablo Martínez (Melo, min.62), Jota (David Rojo, min.96); e Otero.

Goles: 1-0: Armental, min.17; 1-1: Agulló, min.63; 2-1: Charly, min.74.

Árbitro: Iván Bastián (Asturias). Expulsou con vermella directa a Secho (min.120), adestrador do Compos; e a Sergio Pereira (min.86), segundo adestrador, e Hevia (min.120), porteiro suplente, polo Arteixo. Ademais, amoestou a Diego Uzal, Charly, Damián Noya, Álex Cobo e Parapar, polo Compos; e a Yelco (preparador físico), Moreta e Manu Berrocal, polo Arteixo.

Incidencias: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Partido de volta da final autonómica do play off disputado ante 4.082 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.