SD Compostela e Sigüeiro FC acordan poñer fin ao seu convenio de colaboración

10 de Xuño de 2026
  • Péchase un capítulo de cinco tempadas, nas que o cadro orosano colaborou na formación dos talentos do club e competiu a gran nivel na Preferente Galicia

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026

Tras unha etapa de cinco tempadas, a SD Compostela e o Sigüeiro FC acordaron poñer fin ao seu convenio de colaboración. A decisión parte da nova xunta directiva do club orosano, que trasladou á SD Compostela a súa vontade de iniciar unha nova etapa deportiva cun proxecto propio. Desde o Compos entendemos e respectamos plenamente os motivos expostos, polo que ambas entidades decidiron pechar de forma cordial unha relación que resultou moi beneficiosa para os dous clubs.

Durante estes cinco cursos, o acordo co Sigüeiro permitiu o desenvolvemento dos futbolistas da Canteira Picheleira. Tras saír da categoría xuvenil, froito do convenio, os nosos canteiráns atoparon en Oroso un trampolín que os impulsou ao primeiro equipo.

Foron cinco tempadas nas que o Sigüeiro, cunha gran base de xogadores canteiráns, moitos deles de Compostela e comarca, lograron manterse na categoría, alcanzando un segundo e dous terceiros postos como mellores clasificacións. Do mesmo xeito, durante este período, o conxunto orosano conquistou a terceira Copa do Sar da súa historia.

Por todo iso, desde a SD Compostela queremos agradecer ao Sigüeiro todas as facilidades e a excelente colaboración mantida durante esta etapa. Do mesmo xeito, queremos trasladar o noso recoñecemento ao traballo realizado por Antonio Liñares Nouche e a súa directiva durante estes anos e agradecer á nova xunta directiva encabezada por José Daniel Viqueira a sinceridade e o respecto cos que nos trasladaron a súa decisión. Desexámoslle a maior das sortes nesta nova etapa e nos retos que afrontará o club no futuro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.