A SD Compostela e Zico recuperan 30 anos despois a camiseta máis icónica da historia do club

12 de Xuño de 2026
Primeiro equipo da SD Compostela coa camiseta con máis historia do Compos.
  • Unha edición limitada de só 100 unidades permitirá aos afeccionados volver vestir a elástica que acompañou ao Compos durante os seus anos na Primeira División

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

A SD Compostela e Zico volven unir os seus camiños para recuperar unha das camisetas máis emblemáticas da historia do fútbol galego. Trinta anos despois de que o Compos lucise este equipamento na máxima categoría do fútbol español, o club presenta unha reedición oficial da camiseta que se converteu en símbolo de toda unha xeración de afeccionados.

Deseñada orixinalmente por Zico e utilizada pola SD Compostela durante as súas históricas tempadas na Primeira División, esta elástica transcendeu o ámbito deportivo para converterse nunha das camisetas máis recoñecibles e lembradas do fútbol español dos anos noventa. O seu característico deseño, asociado a algúns dos momentos máis brillantes da historia do club, continúa ocupando un lugar especial na memoria colectiva do compostelanismo.

Con motivo do 30 aniversario daquela etapa inesquecible, a SD Compostela decidiu lanzar unha edición limitada e oficial producida por Zico, recuperando fielmente a esencia da camiseta orixinal. Trátase, ademais, do reencontro entre ambas entidades despois de máis de vinte anos sen colaborar.

 

Este domingo, lanzamento exclusivo para abonados.

A primeira tirada estará limitada a unicamente 100 unidades numeradas, que se poñerán á venda de forma exclusiva para os abonados da SD Compostela durante o partido deste domingo ante o CF Badalona. O prezo especial de lanzamento será de 60 euros.

En caso de non esgotarse durante esta fase exclusiva, as unidades restantes pasarán a estar dispoñibles para o público xeral, a partir do luns, na tenda oficial do club, cun prezo de venda de 75 euros.

Máis aló do seu valor sentimental e histórico, a SD Compostela quixo que esta reedición represente tamén unha forma de produción responsable e comprometida. A camiseta foi fabricada integramente en Europa, seguindo criterios de sustentabilidade ambiental e garantindo condicións laborais xustas en todo o proceso de elaboración.

Alén desta reedición histórica, o club poñerá ao dispor dos seus abonados dous produtos exclusivos máis, con prezos especiais para este domingo. A bufanda oficial poderá adquirirse por 10 euros e o balón vintage de coiro edición limitada 1962 por 25 euros. Estas promocións estarán dispoñibles unicamente durante o partido fronte ao CF Badalona e os produtos venderanse no punto habilitado na bancada de Tribuna.

Con esta iniciativa, o club non só recupera unha peza histórica, senón que tamén unha parte da memoria colectiva de miles de afeccionados que creceron acompañando ao Compos nunha das etapas máis brillantes da súa traxectoria.

Hai camisetas que se visten. E hai camisetas que forman parte da historia.

Trinta anos despois, volve unha delas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso gran delegado, AnteloMoitos parabéns!!! A desfrutalo!!!E moitas grazas polo teu traballo e compromiso, sempre ao servizo para o mellor do Compos 🩵🤍 📸 Ignacio Castaño Gómez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🆕🩵🤍 Ces Cotos, equilibrio, personalidade e bo trato de balón para o centro do campo do Compos⚽️ O mediocentro venezolano, con ampla experiencia no fútbol galego, chega do Utebo, da #SegundaFederaciónℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/21/ces-cotos-fichaxe-compos-26-27/#benvidocescotos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.