-
O club agradece a súa contribución e esforzo para lograr o ascenso esta pasada tempada
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
Álex Cobo, Roi Graumann, Quico González, Stipe Zubanovic e Jesús Cañizares finalizaron a súa vinculación coa SD Compostela, pechando a súa etapa como xogadores branquiazuis.
Desde o club, queremos agradecer a todos eles a súa contribución, profesionalidade e dedicación durante esta pasada campaña, axudando a lograr o obxectivo do ascenso á Segunda Federación.
Ademais, tamén queremos trasladarlle o maior dos éxitos para os seus novos retos deportivos.
Moitas grazas e moita sorte para o voso futuro!




