-
Tras conseguir ficha de primeiro equipo en xaneiro, Goris formará parte do plantel do Compos na nova categoría
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2026
Goris seguirá demostrando a súa calidade na SD Compostela. Tras conseguir ficha do primeiro equipo durante o pasado mes de xaneiro, o club reforza a súa aposta polo mediocentro de Bembibre, que seguirá crecendo na Segunda Federación cos nosos, unha vez logrado o ascenso.
O canteirán compostelanista tivo un papel moi protagonista durante toda a campaña pasada. A pesar dunha lesión que interrompeu a súa progresión durante este 2026, Goris superou os 1.000 minutos de xogo na tempada, disputando 26 partidos, trece deles coma titular, incluído un no play off. Ademais, este pasado ano tamén será lembrado polo xogador de Val do Dubra porque marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Compos.
Co obxectivo de seguir demostrando o seu desenvolvemento futbolístico, desde o centro do campo, Goris seguirá achegando a súa calidade ao bo facer do equipo. Unha oportunidade que lle permitirá debutar na categoría como membro de pleno dereito do primeiro equipo, despois de contar cuns poucos minutos, con ficha de filial, fai un par de anos.




