-
Armental, fundamental este pasado ano, comprométese por unha campaña máis
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025
Adrián Armental seguirá desbordando pola banda do Vero Boquete en Segunda Federación. O extremo de Ribeira comprometeuse por unha campaña máis coa SD Compostela.
Tras non poder consolidarse no primeiro equipo na súa primeira experiencia en casa Compos, cando apenas tiña 19 anos, Armental chegou o pasado verán á capital galega con ganas de desquitarse desa espiña cravada cun ascenso, e logrouno, sendo ademais un xogador fundamental sobre o verde.
Coa alegría de conseguir o obxectivo, agora renovou por unha campaña máis. Faio coa firme premisa de seguir achegando ao equipo coa súa calidade e traballo. E é que, aos seus 35 anos, cumprirá 36 o próximo 24 de xullo, demostrou que aínda lle queda corda.
Neste sentido, esta pasada tempada Armental tivo un papel moi protagonista, con 39 partidos xogados (de 40 posibles), sumando 2.800 minutos de xogo. Neles demostrou o seu sobrado nivel, con 6 goles marcados, dous no play off, e, sobre todo, con 15 asistencias. Isto supón que participou directamente en máis do 30% dos tantos do Compos na campaña, un dos equipos máis goleadores de toda a categoría.
Na Segunda Federación, Armental intentará seguir achegando con goles e asistencias para o bo facer do Compos.




