Adrián Armental, a guinda para o ataque do Compos

5 de Agosto de 2025
Adrián Armental, novo xogador da SD Compostela. Benvido.
  • Armental regresa a Compostela para achegar todo o seu potencial ofensivo

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025

A guinda para o ataque da SD Compostela 2025/26: Adrián Armental González (Ribeira, 24/07/1990) é novo xogador branquiazul. O extremo ribeirense regresa ao Compos, trala súa primeira etapa en 2009, co obxectivo de acadar o ascenso a Segunda RFEF. Chega desde o St. Josepht’s de Xibraltar, co que acaba de xogar a previa da Conference League, e firma por unha tempada.

Adrián Armental é un extremo destro que aportará velocidade, desborde, potencia e moita chegada ao ataque do equipo dirixido por Secho. Un futbolista diferencial, con gran experiencia no fútbol galego e nacional, que asina co reto de acadar un novo ascenso na súa ampla e exitosa carreira deportiva.

A nova fichaxe branquiazul regresa así ao Compos, no que estivo durante unha breve etapa, na tempada 2009/2010, con 19 anos. Coa camiseta compostelanista disputou 7 encontros durante a primeira volta desa campaña.

Agora, aos seus 35 anos, volve a Compostela cunha gran traxectoria ás súas costas, cunha última experiencia en Xibraltar que lle permitiu estrearse en competición europea. Foi na previa da Conference League, na que superou unha rolda, disputando catro encontros, tres deles coma titular. Ademais, co St. Josepht’s tamén gañou o título de liga da Primeira División de Xibraltar.

Máis aló desta última etapa, Armental destacou alá por onde pasou. Tras saír do Compos asinou no Boiro, onde estivo cinco campañas, logrando un ascenso a Terceira División. Iso abriulle as portas da Segunda B, da man do Coruxo, onde realizou unha extraordinaria tempada con oito goles. De Vigo pasou a Ferrol, abrindo unha etapa de catro cursos no Racing, sendo peza fundamental do equipo e conseguindo un novo ascenso a Segunda B. Pechado o seu periplo en Galicia fichou polo Atlético Sanluqueño, disputando dúas campañas na Segunda B e Primeira Federación; e outras dúas no Alcoyano, tamén na 1ª RFEF.

En total, suma 262 partidos disputados entre Segunda B e 1ª RFEF, divididos en nove tempadas; e 77 en Terceira División, en tres cursos.

Con todo esa bagaxe futbolística e co claro obxectivo de conseguir o ascenso co Compos, Armental agarda dar moitas alegrías á afección compostelanista. Para iso, e tras unhas xornadas de descanso, incorporarase á pretempada este xoves.

Benvido, Armental!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Estamos no primeiro tramo da Campaña de Abonos 26/27 “O Camiño do Norte”, exclusivo para RENOVACIÓNS👉 RECORDA, co teu abono, entras gratis este sábado ás 20:00h ao amigable contra o DéporNa Oficina, na tenda ou en liña🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com+ℹ️ sdcompostela.com/gl/abonados-2/abonos-sd-compostela-26-27-gal/🗓️ Este primeiro tramo, no que se renova tamén o asento, está aberto ata o 27 de xullo#OCamiñodoNorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas xa vendidas para o amigable do sábado contra o Real Club Deportivo de La Coruña 🏟️ Faite coas últimas localidades de Preferencia antes de que se esgoten!!! Despois, habilitarase Fondo Norte🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🩵🤍 Recorda que os Abonados 26/27 teñen a entrada gratuíta co seu abono 📸 Nacho Castaño#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀🔜 Con Carlos de Lerma á fronte, iniciaremos os adestramentos este mércores 15 de xullo⚽️ 8⃣ semanas de preparación nas que disputaremos entre 6 e 8 amigables🏟️ O primeiro, este sábado 18, ás 20:00h, contra o Real Club Deportivo de La Coruña no Vero Boquete#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Samu, unha lenda do Compos, despídese do verde de San Lázaro©️ O noso capitán, tras 🔟 tempadas e 274 partidos oficiais defendendo con honra a nosa camiseta, pasará aos despachos para formar parte da secretaría técnica do clubEres xa unha parte do noso escudo! Estaremos eternamente agradecidos!𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘚𝘢𝘮𝘶! 𝘚𝘦𝘮𝘱𝘳𝘦 𝘊𝘰𝘮𝘱𝘰𝘴!ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/12/despedida-compos-lenda-samu/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 Unai Peón seguirá crecendo co Compos na #SegundaFederación⚽️ Aos seus 22 anos, o talentoso mediocentro, que chegou no pasado mercado invernal, dará un paso máis na súa carreira ℹ️ sdcompostela.com/gl/2026/07/11/unai-peon-compos-26-27/📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.