Adrián Armental, a guinda para o ataque do Compos

5 de Agosto de 2025
Adrián Armental, novo xogador da SD Compostela. Benvido.
  • Armental regresa a Compostela para achegar todo o seu potencial ofensivo

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2025

A guinda para o ataque da SD Compostela 2025/26: Adrián Armental González (Ribeira, 24/07/1990) é novo xogador branquiazul. O extremo ribeirense regresa ao Compos, trala súa primeira etapa en 2009, co obxectivo de acadar o ascenso a Segunda RFEF. Chega desde o St. Josepht’s de Xibraltar, co que acaba de xogar a previa da Conference League, e firma por unha tempada.

Adrián Armental é un extremo destro que aportará velocidade, desborde, potencia e moita chegada ao ataque do equipo dirixido por Secho. Un futbolista diferencial, con gran experiencia no fútbol galego e nacional, que asina co reto de acadar un novo ascenso na súa ampla e exitosa carreira deportiva.

A nova fichaxe branquiazul regresa así ao Compos, no que estivo durante unha breve etapa, na tempada 2009/2010, con 19 anos. Coa camiseta compostelanista disputou 7 encontros durante a primeira volta desa campaña.

Agora, aos seus 35 anos, volve a Compostela cunha gran traxectoria ás súas costas, cunha última experiencia en Xibraltar que lle permitiu estrearse en competición europea. Foi na previa da Conference League, na que superou unha rolda, disputando catro encontros, tres deles coma titular. Ademais, co St. Josepht’s tamén gañou o título de liga da Primeira División de Xibraltar.

Máis aló desta última etapa, Armental destacou alá por onde pasou. Tras saír do Compos asinou no Boiro, onde estivo cinco campañas, logrando un ascenso a Terceira División. Iso abriulle as portas da Segunda B, da man do Coruxo, onde realizou unha extraordinaria tempada con oito goles. De Vigo pasou a Ferrol, abrindo unha etapa de catro cursos no Racing, sendo peza fundamental do equipo e conseguindo un novo ascenso a Segunda B. Pechado o seu periplo en Galicia fichou polo Atlético Sanluqueño, disputando dúas campañas na Segunda B e Primeira Federación; e outras dúas no Alcoyano, tamén na 1ª RFEF.

En total, suma 262 partidos disputados entre Segunda B e 1ª RFEF, divididos en nove tempadas; e 77 en Terceira División, en tres cursos.

Con todo esa bagaxe futbolística e co claro obxectivo de conseguir o ascenso co Compos, Armental agarda dar moitas alegrías á afección compostelanista. Para iso, e tras unhas xornadas de descanso, incorporarase á pretempada este xoves.

Benvido, Armental!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.