-
O defensa de Compostela, Damián Noya, renova por una tempada tras acadar o ascenso á Segunda Federación
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
Un picheleiro para o Compos de Segunda Federación: Damián Noya seguirá un ano máis defendendo a camiseta branquiazul. O defensa, tras conseguir o ascenso, renovou o seu contrato por unha campaña, ata xuño de 2027. Deste xeito, seguirá xogando na súa casa, despois de regresar a Compostela o pasado verán.
Coa súa continuidade, o club asegúrase a permanencia dun defensa polivalente, que actuou esta pasada campaña principalmente de lateral esquerdo, aínda que tamén como central. En total, rozou os 3.000 minutos de xogo, repartidos en 36 partidos (34 como titular), nos que marcou tamén un gol.
Aos seus 24 anos, Damián Noya volverá competir na Segunda Federación, categoría na que xa disputou doce encontros nas filas da UD Alzira.




