A maxia de Parapar, un ano máis no Vero Boquete

7 de Xullo de 2026
Parapar renova coa SD Compostela por unha tempada máis e regresará co equipo á Segunda Federación.
  • O extremo coruñés Parapar, tras un extraordinario play off, competirá na Segunda Federación co Compos

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026

O Vero Boquete volverá desfrutar da maxia de Juan Manuel Parapar. O extremo coruñés, un dos líderes do equipo a pasada campaña, especialmente no play off, regresa coa SD Compostela á Segunda Federación.

Tras volver ao Compos co obxectivo de conseguir o ascenso, Parapar comprometeuse por unha campaña máis co cadro branquiazul. Será a súa quinta tempada na capital galega, a cuarta que disputará na Segunda Federación. En total, suma xa 133 partidos coa camiseta compostelanista.

No que respecta ao último ano, Parapar foi un dos xogadores máis utilizados do plantel, superando os 2.600 minutos de xogo, repartidos en 37 partidos, 30 deles como titular. A súa calidade foi unha tónica durante toda a campaña, pero fíxose especialmente notoria na fase de ascenso, na que liderou, co seu xogo e carácter, ao equipo branquiazul. Ademais, trasladou o seu rendemento tamén a cifras, con oito goles e cinco asistencias.

Agora, tralo ascenso, buscará seguir namorando á bancada coas súas cabalgadas por banda, os seus caneos e os seus disparos de media e longa distancia. Todo iso, co reto de conseguir o mellor para o Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.