Vaise unha lenda: Samu cambia o verde polos despachos do Compos

12 de Xullo de 2026
Samu, unha lenda da SD Compostela, despídese do club tras 10 tempada e 274 partidos oficiais.
  • O capitán Samu pasará a formar parte da secretaría técnica do club tras 10 tempadas defendendo con honra a camiseta compostelanista

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2026

Unha lenda do Compos despídese do verde de San Lázaro. Samu Rodríguez, tras dez tempadas e 274 partidos oficiais, deixa a SD Compostela cun ascenso debaixo do brazo. Un peche perfecto a un legado que será lembrado por todos. E é que falar do Compos, é falar tamén de Samu: sempre será unha parte do noso escudo.

O seu liderado, compromiso, sacrificio e bo xogo deixaron unha pegada imborrable na memoria de toda a afección. Uns valores que casan á perfección coa identidade da SD Compostela.

Por iso, o club quixo que Samu se manteña vinculado ao seu Compos. E farao como parte da secretaría técnica da SD Compostela. Quen mellor para desenvolver un posto coma este que o noso capitán e emblema durante as últimas dez tempadas.

Desde a súa chegada, no verán de 2016, Samu deixouno todo polo ben do equipo, dentro e fóra do campo. Desde os seus primeiros anos en Terceira, sendo un dos máis novos do equipo, ata estes últimos cursos na Segunda e Terceira Federación, como capitán e unha das referencias do vestiario.

Un longo camiño con altos e baixos. Vímolo chorar, e choramos con el, como trala súa lesión en Tarazona, o ascenso frustrado contra o Salmantino ou o doloroso descenso a Terceira. Pero, sobre todo, vímolo desfrutar, e desfrutamos con el. Deleitámonos co seu fútbol, co seu esforzo, cos seus goles portando o brazalete e co seu liderado. E desfrutamos, coma el, dos seus dous ascensos, en Balaídos e Badalona.

Con eses bos momentos son cos que nos quedamos e, por iso, ese ascenso en terras catalás é a despedida perfecta a esta gran aventura xuntos. Agora, seguiremos desfrutando de ti desde a bancada do Vero Boquete.

Moitísimas grazas por todo o que deches polo ben do Compos. Estaremos eternamente agradecidos.

Sempre Samu! Sempre Compos!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.