Manu Rivas, un canón para a banda esquerda

14 de Xullo de 2026
Manu Rivas, nova fichaxe da SD Compostela para a Tempada 2026/27.
  • O canteirán Manu Rivas regresa ao Compos tras unha campaña no Mérida na Primeira Federación

Santiago de Compostela, 14 de julio de 2026

Manu Rivas (Brión, 09/06/2003) e a SD Compostela volven encontrarse uno ano despois. O canteirán regresa ao Compos para vivir a súa terceira etapa no club. Trala súa tempada no Mérida, na Primeira Federación, regresa para aportar traballo, poderío físico e capacidade ofensiva á banda esquerda. Firma por unha campaña.

Moi coñecido pola afección branquiazul, Manu Rivas é un lateral esquerdo de longo percorrido, intenso e cunha gran capacidade para incorporarse ao ataque. Potente fisicamente e con bo trato de balón, destaca pola súa profundidade por banda e a súa versatilidade, xa que tamén pode actuar en posicións máis adiantadas.

Formado na canteira da SD Compostela, foi crecendo tempada tras tempada, consolidándose como un futbolista con personalidade, compromiso e moito potencial. A súa capacidade para chegar á área rival, xerar perigo desde o carril esquerdo e manter un alto ritmo durante os noventa minutos, como demostrou no seu último ano no Compos, convérteno nun perfil moi completo.

Precisamente, nesa última experiencia en Compostela, Manu Rivas foi un dos xogadores máis destacados da tempada, rozando os 2.000 minutos de xogo, repartidos en 35 partidos, vinte deles coma titular. A pesar de actuar no carril, conseguiu marcar 6 goles e repartiu varias asistencias.

Agora, volve ao club como un futbolista máis maduro, grazas á súa experiencia conseguida co Mérida na Primeira Federación, categoría na que debutou participando en 17 encontros. Ademais, tamén hai que sumarlle a súa traxectoria anterior na Canteira Picheleira, Deportivo Xuvenil, Sigüeiro e Atlético Arteixo.

“Estou moi contento de volver ao Compos para unha tempada ilusionante. Creo que este ano aprendín moito e que podo achegar bastante ao equipo. Teño ganas de comezar e de facer as cousas ben”, sinalou o canteirán nas súas primeiras palabras tras fichar.

Trala súa firma, mañá comezará a pretempada co resto dos seus compañeiros.

¡Benvido, Manu! Moi ledos de terte aquí de novo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.