Un canteirán que regresa á súa casa: Mario Hermo, novo xogador do Compos

14 de Xullo de 2026
Mario Hermo é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 2026/27.
  • O defensor compostelán Mario Hermo, que xa debutou co Compos na Segunda Federación, volve ao club tras dúas tempadas na canteira do Deportivo

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026

Mario Hermo Lata (Santiago de Compostela, 20/02/2006) está de volta na SD Compostela. O canteirán compostelanista regresa ao club tras dúas tempadas no Xuvenil A e filial do Deportivo da Coruña. Cun ascenso á Primeira Federación na maleta, volve á súa casa para seguir medrando e contribuír co seu esforzo, ambición e calidade.

Formado na Canteira Picheleira, aos seus 20 anos, Mario Hermo é un defensor fiable, con bo sentido da anticipación e que sobresae pola súa colocación, a súa intensidade nos duelos e a súa capacidade para adaptarse a diferentes situacións defensivas. Ademais, a súa tranquilidade co balón e o seu criterio nos inicios desde atrás, permítenlle dar continuidade ao xogo do equipo desde a última liña.

A pesar da súa mocidade, Mario demostrou unha gran regularidade nas últimas tempadas, continuando coa proxección que xa amosaba nos seus anos na base do CD Conxo e da SD Compostela, a cal xa lle permitira debutar co primeiro equipo na Segunda Federación, na tempada 23/24, nun partido no Vero Boquete contra o Real Oviedo Vetusta.

Tras un periplo de dous cursos no Deportivo da Coruña, no que acadou un título da División de Honra Xuvenil e un ascenso a Primeira Federación, participando en 20 encontros co Fabril, afronta esta nova etapa no Compos coa ilusión de seguir evolucionando e de contribuír ao proxecto branquiazul con traballo, entrega e ambición. Para iso, mañá iniciará xa a pretempada ás ordes de Carlos de Lerma.

¡Benvido de volta, Mario Hermo!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.