O Compos suma o primeiro punto da tempada

13 de Setembro de 2026
Antón Guisande tivo algunha das mellores ocasións dos nosos.
Diego Uzal xogou de novo no centro da zaga, estando imperial.
Unai Peón, titular, loita por un balón no 0-0 do Compos contra o Portugalete.
Manu Rivas tivo unha das grandes oportunidades do partido, pero cruzou en exceso o seu disparo.
Ces Cotos volveu ter un gran papel no centro do campo do Compos.
Dani González, demostrando a súa polivalencia, comezou nunha posición máis avanzado do xogo e despois no medio, liderando o xogo do equipo.
Edu González foi o '9' do Compos na Florida e estivo moi activo durante todo o encontro.
Miguel Prado volveu xogar titular na parcela dereita da defensa branquiazul.
Roque dedebutou na Liga co Compos e tivo a mellor ocasión, nada máis arrincar a segunda metade.
Marcador do Estadio da Florida, onde xogou o Compos, coa afeccionados desprazados a Portugalete da SD Compostela.
Edu Sousa detivo o penalti decisivo, no 86, permitindo que o Compos sumase un importante punto, o primeiro da tempada.
  • O Compos empatou a ceros en Portugalete nun duelo moi igualado

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2026

A SD Compostela conseguiu en Portugalete o primeiro punto da tempada. Os nosos inauguraron a marcadora na primeira saída da campaña. Un 0-0 en Portugalete, nun duelo moi igualado que puido caer para calquera lado.

Na primeira parte, o Compos, tralos tropezos da primeira xornada e da Copa, saltou moi valente ao campo da Florida, buscando aproveitar o seu dinamismo en ataque e sacando rédito da súa presión alta.

Aos cinco minutos, entre Antón Guisande e Edu González non foron quen de resolver un bo balón en longo de Edu Sousa. E cinco máis tarde, Manu Rivas cruzou en exceso un chute desde dentro da área.

Tamén terían a súa oportunidade os locais, pasada a media hora, nun bo golpeo de Ikañi Recio que sacou Edu Sousa a córner cunha gran estirada. En todo caso, a última da primeira parte sería branquiazul, nas botas de Antón Guisande, pero en boa posición para o remate, non disparou e a defensa puido corrixir a acción.

Á volta dos vestiarios, e como ao comezo, o Compos saltou cunha marcha máis e tivo a máis clara do partido aos tres minutos. Un centro de Antón Guisande escapóuselle ao porteiro e Roque, recentemente entrado por lesión de Jordan, chegou para remachar a pracer, pero cando xa se cantaba o gol, un defensa apareceu in extremis para despexar.

O lateral amesán sería tamén protagonista minutos máis tarde, poñendo un centro perigoso para Dani González, pero o remate de primeiras do centrocampista foi rexeitado por Ibón.

Co discorrer dos minutos, o Portugalete, co apoio da súa afección, foi dando pasos adiante e tería a súa gran oportunidade na recta final do duelo cun penalti a favor. Lanzou Imanol Aranburu alto e á esquerda da portería, pero aí apareceu un inconmensurable Edu Sousa para realizar a parada do partido. Unha man salvadora que valeu un punto para o Compos.

Deste xeito, o encontro na Florida acabou como empezou, 0-0. Un punto para iniciar o contador na Liga para un Compos que intentará facer bo o punto na casa. Este próximo domingo, ás 17.00 horas, visita o Vero Boquete o Sestao River.

FICHA TÉCNICA

0 – Club Portugalete: Ibón González; Anartz Amilibia, Iñaki Recio, Ander González, Iker Llamazares, Oier Erdozia (Diego Lamadrid, min.73), Jorge García (Yeray Cuello, min.84), Aimar Barrera (Lete, min.73), Gorka Tapiador, Jon López (Imanol Aranburu, min.68) e Gorka Crespo.

0 – SD Compostela: Edu Sousa; Miguel Prado, Diego Uzal, Pablo Crespo (Damián, min.59); Jordan Sánchez (Roque, min.46), Ces Cotos (Parapar, min.73), Unai Peón, Manu Rivas; Dani González, Antón Guisande (Buba, min.59) e Edu González (Teofilovic, min.90+1).

Árbitro: Sergio Martínez (Navarra). Amoestou a Oier Erdozia, Gorka Crespo, Lete e Gorka Tapiador, polo Portugalete; e a Edu González, Diego Uzal, Roque e Dani González, polo Compos.

Incidencias: Estadio La Florida (Portugalete). Xornada 2 de Liga do Grupo 1 da Segunda Federación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.