O Compos cae eliminado nos penaltis da Copa Federación

9 de Setembro de 2026
Once do Compos, co debut de Iago, Pablo Crespo, Roque e Turby nesta tempada.
Armental, tras non facer a pretempada, foi titular por primeira vez.
Buba conduce un balón no partido do Compos contra o Marino.
Goris xogou os 120 minutos e levou o control do xogo.
Unai Peón liderou a zaga.
Turby debutou co primeiro equipo en partido oficial.
Roque redebutou co Compos en partido oficial.
Mario Hermo marcou o primeiro gol da tempada, firmando o seu primeiro tanto coa camiseta do Compos.
O Compos caeu nos penaltis na Copa Federación.
Iago Domínguez, que redebutou co Compos, parou un dos penaltis.
Nos penaltis, o Compos errou tres e o Derio so un.
  • Os nosos quedan eliminados da Copa Federación tras un encontro no que Velarde, porteiro rival, foi o gran heroe

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026

A SD Compostela quedou apeada da Copa Federación tras caer nos penaltis contra o Derio. Unha actuación estelar de Alain Velarde, porteiro rival, evitou que o partido se decidise antes (1-1) e na quenda fatídica a contenda caeu ao lado visitante (1-3).

Despois da derrota na Liga, o Compos regresaba á súa casa este mércores coa firme intención de deixar atrás o mal día contra o Marino e recuperar as boas sensacións da pretempada. A primeira rolda da Copa Federación permitía aos nosos ter un desquite rápido.

Con trocos no once, o Compos quixo imprimirlle ritmo ao partido desde o arrinque. Con continuas internadas polas bandas, as ocasións non tardaron en chegar: un gol anulado a Buba, un man a man que non puido aproveitar o propio dianteiro compostelanista, un remate arriba de Turby, outro rozando o pau de Ces Cotos, un man a man de Goris… houbo oportunidades de todas as cores, pero o tanto resistíuselle aos nosos na primeira metade, 0-0.

Á volta dos vestiarios, o encontro seguiu co mesmo guión. As máis claras nos primeiros compases tivéronas Teofilovic, atopándose co porteiro; e Parapar, mandándoa xunto ao pau, pero os que marcarían serían os visitantes, nunha acción de fortuna, xa que o disparo de Lacuesta golpeou nun dos nosos, cambiando a traxectoria e acabando na rede.

Un golpe duro de dixerir, pero o Compos soubo reaccionar rápido e empatou o duelo aos dous minutos. Nunha acción rápida, Edu González conectou con Mario Hermo, que penetrou desde atrás e fusilou á rede, 1-1.

Quedaban vinte minutos que foron de monólogo compostelanista. Tívoa Roque, cun centrochute que se envelenou e que salvou o porteiro con apuros, pero, sobre todo, rozou o tanto Edu González. O dianteiro, nun man a man, tentou picar a pelota sobre Alain, pero o porteiro adiviñoulle as intencións. No rexeite, pediuse penalti, por unha posible agarrada do meta, pero o colexiado non decretou nada. Por iso, con empate no marcador, o partido foise á prórroga.

Durante o tempo extra, aínda se incrementou máis a presenza ofensiva do Compos, pero en cada ocasión o resultado foi o mesmo, unha soberbia actuación de Aitor Velarde. O meta sacou tres paradas de escándalo a Edu González. A primeira, a unha cacholada a contrapé; a segunda, a un disparo cruzado; e a terceira foi un pé brutal a un remate a queimarroupa.

Chegouse ao momento fatídico e nos penaltis a fortuna caeu do bando visitante. Iago parou un e Alain outro, pero os erros de Parapar, ao traveseiro, e Manu Rivas, arriba, decidiron a quenda por 1-3.

Deste xeito, carentes de fortuna para as múltiples ocasións de gol xeradas, os nosos quedaron apeados na primeira rolda do título copeiro. Agora toca recuperar forzas e centrarse na liga, comezando polo duelo contra o Portugalete deste domingo, ás 11:30 horas, na Florida.

FICHA TÉCNICA

1 (1) SD Compostela: Iago Domínguez; Roque (Manu Rivas, min.99), Unai Peón, Pablo Crespo (Damián, min.46); Armental (Mario Hermo, min.46), Ces Cotos (Dani González, min.46), Goris, Turby; Parapar, Buba (Antón Guisande, min.78) e Teofilovic (Edu González, min.64).

1 (3) CD Derio: Alain Velarde; Unai Saralegui (Lacuesta, min.59), Ugaitz, Ander Fernández, Asier (Egileor, min.10), Rubén Esparza; Mikel Baig (Oier Díaz, min.59), Xabi Ugalde (Boada, min.78), Galder, Mitxel (Álvaro Fernández, min.90); e Guipu (Urbina, min.59).

Goles: 0-1: Lacuesta, min.67; 1-1: Mario Hermo, min.69. En penaltis: 0-0: Parapar (erro); 0-1: Galder (gol); 1-1: Edu González (gol); 1-2: Urbina (gol); 1-2: Manu Rivas (erro); 1-2: Álvaro Fernández (erro); 1-2: Dani González (erro); 1-3: Lacuesta (gol).

Árbitro: José Antonio Martínez (Castela e León). Amoestou a Buba, Pablo Crespo, Roque, Goris, Edu González, Antón Guisande e Samuel Solleiro (banco), adestrador de porteiros, polo Compos; e a Saralegui e Galder, polo Derio.

Incidencias: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Partido de dezaseisavos de final da Copa Federación disputado ante 689 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.