Un Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva

25 de Outubro de 20260
Unai Peón xogou no centro do campo, cun gran despliegue físico.
Manu Rivas regresou ao once titular e tivo un par de ocasións de perigo.
Dani González volveu ser o xogador capital no centro do campo.
Dani González marcou o seu terceiro gol en dúas xornadas.
Dani celebrou o seu gol coa familia, que o acompañaba na tarde de onte en Posada de Llanera.
Dani González agarra o escudo para celebrar o gol.
Buba celebra o seu gol, o cuarto en catro xornadas consecutivas.
Os nosos celebran o gol de Buba, fundamental para conseguir a terceira vitoria consecutiva na Liga.
O equipo agradece á afección desprazada trala vitoria no Pepe Quimarán.
  • Os nosos gañaron 1-3 ao Llanera, noutro partidazo, con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande e sumar a terceira vitoria seguida

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2026.

A SD Compostela segue de doce. Os nosos conseguiron a terceira vitoria consecutiva na Liga, tras superar por 1-3 ao Llanera, noutro partidazo. Os goles de Dani González e Buba, na primeira parte, e de Antón Guisande, na segunda, permiten ao Compos darlle continuidade ao seu gran momento de forma.

Tras adestrar en herba artificial durante toda a semana, o Compos chegaba ao Pepe Quimarán de Posada de Llanera coa firme intención de prolongar o seu bo momento e conseguir a terceira vitoria seguida.

Para facelo posible, Carlos de Lerma plantou sobre o verde un once con moitas caras novas e, sobre todo, un debuxo diferente. Un 4-3-3, no que Uzal e Unai Peón compartían medular con Dani González, mentres que Roque e Manu Rivas flanqueaban os laterais dunha defensa liderada por Miguel Prado e Pablo Crespo. E arriba, Parapar e Edu González entraban para acompañar a Buba, o pichichi.

Desde o inicio, a pesar de ter que adaptarse a un campo peculiar, debido ás súas reducidas dimensións, ao Compos notóuselle cómodo. Atrás, sen conceder, e arriba, tentando baixar a pelota, cando se podía, para crear rápidas transicións.

Así, aos doce minutos, chegou a primeira gran oportunidade. Tres toques rápidos no centro do campo para que Parapar puxese a correr a Manu Rivas, pola outra banda, pero o lateral chegou forzado e entre o porteiro e un defensa cortárona a córner. E no 19, Edu González gañaba as costas da zaga, sorteaba ao porteiro na saída, pero un central sacábaa sobre a liña.

Foi o preludio do primeiro gol, no 23. Dani González cazou o rexeite da defensa, acomodouna para a zurda e soltou un lategazo potente cruzado para mandala ao fondo da rede. 0-1 grazas a un Dani que segue de doce, co seu terceiro gol en dúas xornadas.

Eran os mellores minutos compostelanistas, e os nosos aproveitárono, porque seis máis tarde, noutra xogada rápida, Edu González puxo una gran asistencia para Dani González e o goleador, tras irse do primeiro defensor, foi agarrado por Paul Otia dentro da área. Penalti.

Como no Vao, Buba tomou a responsabilidade e enganou ao porteiro para pór o 0-2. Era o cuarto gol do dianteiro, o cuarto en catro xornadas seguidas. Con esa clara vantaxe chegaríase ao intermedio.

Á volta dos vestiarios, cos mesmos protagonistas no bando branquiazul, os nosos volveron saltar co mesmo ímpeto. En canto gañaban a segunda acción, buscaban rápido os espazos para xerar acciones de perigo.

No 51, tívoa Buba, pero a súa peiteada tras un saque de banda marchouse por pouco. No 55, a ocasión foi para Dani González, pero esta vez, coa zurda e desde dentro da área, mandouna rozando a escuadra. E no 61, a oportunidade foi para Manu Rivas, tras un gran servizo de Buba, pero ao lateral tamén se lle escapou o golpeo por arriba.

Pasada a hora de xogo, cos cambios, o Llanera deu un paso adiante e comezou a roldar máis a área de Edu Sousa, sobre todo cun Oladipupo moi activo. Con todo, o gol para os locais chegaría a balón parado, tras unha falta colgada desde a banda e finalizada, cunha impoñente cacholada desde o bordo da área, por Ayoub.

Corría o minuto 79 e o Llanera metíase no partido, pero os nosos non o deixaron escapar. Antón Guisande colleu as rendas do duelo, aproveitando os espazos que había, e o atacante pechouno.

Primeiro, nunha acción maradoniana, foise de todos os que saíron ao seu paso, para pór un bo centro ao segundo pau para Jordan Sánchez, pero o lateral, de volea, estampouna contra un defensa. Non importou, porque dous máis tarde, no 85, marcou o gol da sentenza.

Nesta ocasión, Antón Guisande avanzou polo centro, recortou ao central co tacón e sen controlala cruzouna coa dereita pegada ao pau. Un auténtico golazo para colocar o decisivo 1-3.

Con este resultado chegouse ao final do partido, logrando así o Compos una importante vitoria como visitantes. Deste xeito, os nosos conseguen o terceiro triunfo seguido e aséntanse na parte alta da táboa.

O vindeiro domingo tentarán sumar a cuarta vitoria seguida na casa, contra o Basconia, o domingo ás 17:00 horas.

FICHA TÉCNICA

1 – UD Llanera: Javi Benítez; Berlanga (Álex Alemán, min.58), Paul Otia (Emmanuel, min.46), Dominique, Mikel; Oladipupo, Mathieu, Vity, Turmo (Ayoub, min.58); Dani González (César García, min.58); e Liam Ayad (Dani Collado, min.46).

3 – SD Compostela: Edu Sousa; Roque, Miguel Prado, Pablo Crespo, Manu Rivas; Unai Peón (Jordan Sánchez, min.80), Diego Uzal, Dani González (Goris, min.92); Parapar (Álex Gil, min.62), Buba (Teofilovic, min.80) e Edu González (Antón Guisande, min.62).

Goles: 0-1: Dani González, min.23; 0-2: Buba (p.), min.39; 1-2: Ayoub, min.79; 1-3: Antón Guisande, min.85.

Árbitro: Diego García (A Rioxa). Amoestou a Dominique, Paul Otia e Ayoub, polo Llanera; e a Unai Peón, Buba e Roque, polo Compos.

Incidencias: Campo Municipal Pepe Quimarán (Posada de Llanera). Xornada 8 de Liga do Grupo 1 da Segunda Federación. Importante presenza de afeccionados desprazados desde Santiago ata terras asturianas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! A desfrutar tras este novo +3️⃣ 😍 #llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #llaneracomposValoración do técnico compostelanista trala terceira vitoria seguidaO adestrador do Compos puxo en valor o triunfo e a forma de conseguilo, e xa pon o foco no seguinte obxectivo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALUD Llanera 1️⃣-3️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.) | Antón GuisandePARTIDAZO E OUTROS TRES PUNTOS PARA OS NOSOS 🩵🤍TERCEIRO TRIUNFO SEGUIDO PARA SEGUIR CO GRAN MOMENTO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POR ACOMPAÑARNOS 👥🙌📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUD Llanera 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Dani González | Buba (p.)Gran primeira parte dos nosos, dominando o encontro, para marchar ao tempo de lecer en vantaxe#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.