Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao Basconia, filial C do Athletic, co obxectivo de encadear o seu cuarto triunfo consecutivo
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2026
A SD Compostela volverá ao Vero Boquete de San Lázaro esta fin de semana para disputar o partido correspondente á novena data ligueira do Grupo 1 da Segunda Federación. Despois dun gran triunfo na xornada sete por 4-1 ante o Atlético Astorga, e dous a domicilio -contra Coruxo e Llanera-, o equipo de Carlos de Lerma chega a este choque “con confianza, pero non confiados”.
Carlos de Lerma valorou moi positivamente a dinámica do equipo, pero asegurou que non se deben relaxar, xa que “ao 95% non dá para sacar os partidos adiante nesta categoría”. Neste sentido, o preparador compostelán amosouse encantado con todo os membros do plantel, pois independentemente do once, “todos os xogadores aproveitan a súa oportunidade e o equipo non nota as modificacións”.
O míster personalizou en Buba, a quen eloxiou por seguir predicando co exemplo a pesar de ser o máximo anotador do equipo. Dentro do corpo técnico remarcan que é fundamental adestrar ben durante a semana. Ademais, o equipo buscará non perder esa fame por apertar, dar opcións aos compañeiros, e mostrar ambición, solidariedade e humildade a partes iguais.
O técnico estremeño puxo en valor o feito de regresar a xogar diante dunha afección coa que “aínda estamos en débeda” por perder máis do que se gañou. O Compos suma dúas vitorias, dúas derrotas e un empate esta tempada en San Lázaro, polo que buscará desequilibrar a balanza e obter por segunda xornada seguida os tres puntos como local.
O opoñente desta fin de semana será o CD Basconia, segundo filial do Athletic Club, equipo situado na zona media da clasificación e que chega a este choque tras empatar 2-2 en casa ante o Portugalete. Malia encadear catro partidos sen conseguir triunfo, o noso técnico destacou que é “un filial moi dinámico e con xogadores que pronto chamarán á porta do fútbol profesional”.
O filial vasco é un conxunto con moita mocidade, pero moi maduro debido á aceleración de procesos que se dan en Lezama. Entre as virtudes máis salientables do cadro vasco destacan “o seu xogo asociativo, a súa competitividade e a súa capacidade de manterse sempre vivos nos partidos“.
Os antecedentes entre o Compostela e o CD Basconia son favorables para a Esedé. Das catro veces nas que ambos os escuadros medíronse en territorio galego, o Compos gañou tres delas, e na outra ocasión o resultado acabou en táboas. O último precedente data da tempada 1977-1978, cando o equipo dirixido por Carlos Torres venceu en casa por 2-1 cun dobrete de Traba.
Para disputar este transcendental encontro contra o Basconia, o corpo técnico terá ao seu dispor a case todos os efectivos do primeiro equipo, pois “a única baixa será a do extremo Adrián Armental“. O futbolista de Ribeira aínda anda rengueante dalgunha molestia física que lle terá apartado dos terreos de xogo durante polo menos o seguinte choque lonxe de casa contra o Arosa.
Na súa conferencia ante os medios de comunicación deste venres, Carlos de Lerma mostrouse moi entusiasmado co seu equipo, pois ve nel a identidade que intenta implementar, “tanto con balón como sen el“. Ademais, destacou a importancia de saber encaixar os golpes que poden chegar en calquera partido, algo que “talvez ao principio de Liga custaba máis”.
Unha hipotética vitoria esta fin de semana fronte ao Basconia deixaría en moi bo lugar aos nosos. O Compos atópase no quinto lugar da táboa con trece puntos, o que lle outorgaría a posibilidade de afrontar un play off de ascenso a Primeira RFEF. O noso míster recoñeceu que os resultados reforzan, pero que “os métodos teñen que seguir sendo os mesmos”.
SD Compostela is at Estadio Vero Boquete de San Lázaro.
18 hours ago
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos buscará seguir coa súa boa xeira fronte ao Basconia🗓️ Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao filial C do Athletic Club co obxectivo de encadear o seu cuarto triunfo consecutivo Ignacio Castaño Gómez#composbasconia... See MoreSee Less
SD Compostela is at Estadio Vero Boquete de San Lázaro.
18 hours ago
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos buscará seguir coa súa boa xeira fronte ao Basconia🗓️ Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao filial C do Athletic Club co obxectivo de encadear o seu cuarto triunfo consecutivo 📸 Ignacio Castaño Gómez#composbasconia... See MoreSee Less
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 9🩵🤍 O adestrador remarcou o momento do Compos, puxo en valor o traballo de todos, destacou a importancia de seguir dándolle á afección e analizou ao rival deste domingo no Vero Boquete#composbasconia... See MoreSee Less
🏟️ Este domingo regresamos á nosa casa!💪 A pola cuarta vitoria consecutivaTodos xuntos, a polo triunfo! 🫂📸 Nacho Castaño#composbasconia... See MoreSee Less
🖤 Queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias ás familias das persoas falecidas no tráxico accidente ferroviario ocorrido esta mañá en ToledoAdemais, desexamos unha pronta recuperación ás persoas feridas ... See MoreSee Less