Petardazo de tres puntos

12 de Setembro de 2016
Martín no partido de onte contra o Alondras. Encontro patrocinado por Celso Míguez.
Martín no partido de onte contra o Alondras. Encontro patrocinado por Celso Míguez.
  • A SD gaña ao Alondras cun sesacional gol de Samu desde fóra da área.

Santiago de Compostela, a 12 de Setembro de 2016.

Nova vitoria en San Lázaro, tres semanas seguidas sumando, sete puntos de nove posibles e o Compos xa está metido na batalla. Entra despois de bater nun combate aberto a un Alondras, que está encamiñado a loitar polos mesmos lares.

Os cangueses volven da capital sen premio algún. Rozaron o botín, pero un golazo de Samu desde fóra da área, failles volver a terras do sur sen premio algún.

O partido foi igualado, moi igualado. Na primeira parte o Compos levou o peso do encontro, pero non soubo aproveitar os escasos achegamentos que tivo á área. Na segunda, mentres o cansazo afloraba nos xogadores locais, os visitantes atopaban vías de escape para chegar á área de Lucas. Con todo, cando mellor estaba o Alondras, chegou o gol de Samu.

Para estar arriba, hai que sufrir e hoxe tocou. Enfronte estaba un dos galos da categoría, un equipo con xogadores como Pablo Couñago, Tubo ou Fondevila. Xogadores de superior categoría e que non lle puxeron as cousas nada fáciles ao Compostela.

De feito, o propio Pablo Couñago tivo dúas boas ocasións na primeira parte. Unha cun cabezazo que detivo Lucas, e outra, cun mal disparo que se foi ao centro da portería, despois de caracolear na área.

Con todo, as dúas máis claras tívoas o Compos. A primeira, cun disparo de Cabrejo desde o balcón da área que se foi rozando a escuadra, e a segunda, unha falta desde a frontal que lle pegou Santi e despexou Lorenzo.

Xa na segunda, nada máis empezar, chegou a terceira ocasión clara. Esta vez foi Martín o que mandou pegado ao poste esquerdo un disparo raso.

Despois de perdoar, o Alondras repregouse mellor e empezou a xerar dano coas caídas ao medio do campo de Pablo e Andrés. Non xeraban perigo, pero o Compos perdeu o temón do choque durante longos minutos.

Con todo, xa cos tres cambios dentro do campo, Mitogo, Mon e Julián, chegou o gol local. Xogada marabillosa de Samu, que aproveita unha pequena rendiña entre os defensas e solta un zambombazo desde fóra da área que se coa na meta de Lorenzo. O balón fixo unha parábola ante a que o porteiro non puido facer nada. Pegou ademais no traveseiro e entrou.

Co gol o Alondras foi á desesperada a por o empate, e aínda que tivo dúas ocasións claras, tamén puido encaixar algún gol. A que xerou máis perigo foi un remate de cabeza tras un centro lateral, que se foi por moi pouco. Por sorte o balón non entrou e os tres puntos quedaron na casa.

San Lázaro mantén o idilio na tempada. Dúas vitorias noutros tantos partidos que lle permiten á SD colocarse oitavo na clasificación con sete puntos. E para a semana, visita ao recentemente ascendido Castro.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Lucas; Saro, David Rey, Taboada, Cabrejo; Samu; Diego Rey (Mon, min.76), Make, Tomás (Julián, min.76), Martín; e Santi Gegunde (Mitogo, min.68).

0- Alondras CF: Lorenzo; Castilla, Fiuza, Agujetas, Rubén; Abel, Álex (Xosé, min.55); Joni (Yerai, min.45), Andrés (Fondevila, min.75), Tubo; e Pablo Couñago.

Goles: 1-0, min.76: Samu.

Árbitro: Adrián García Rodríguez (A Coruña). Amoestou a Samu polos locais.

Incidencias: Partido disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 700 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.